Tecnópole presta soporte ás pemes galegas para concertar reunións bilaterais no Mobile World Congress

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

As pemes galegas interesadas en manter encontros bilaterais con outras empresas ou entidades no marco do Mobile World Congress poderán contar co soporte de Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, que dinamiza a participación galega no evento na súa condición de membro da rede Galactea Plus, o nodo español da Enterprise Europe Network.

O Mobile World Congress, o maior evento do mundo no ámbito das comunicacións móbiles, terá lugar en Barcelona entre o 26 de febreiro e o 1 de marzo. Nel, máis de 2300 empresas e entidades procedentes de 208 países mostrarán as últimas innovacións en dispositivos móbiles, mentres se desenvolve un amplo programa de relatorios no que se darán a coñecer os retos e tendencias máis relevantes para o futuro do sector.

No seu papel de coorganizador do Brokerage Event que se celebra entre os días 26 e 28 de febreiro no marco da feira, Parque Tecnolóxico de Galicia ten acceso á lista de participantes e ofrece soporte ás pemes galegas para xestionar a busca de contactos axeitados, así como para concertar reunións con eles.

Acceso a oportunidades internacionais

Durante a pasada edición, o evento acolleu preto de dúas mil reunións bilaterais nas que participaron 429 empresas e entidades de 43 países de todo o mundo, o que supón un marco de oportunidade moi relevante para atopar socios tecnolóxicos e comerciais a nivel internacional.

Os brokerage events son unha ferramenta especialmente interesante para as pemes, xa que lles permiten acceder a contactos habitualmente fóra do seu alcance. O soporte experto de entidades como Tecnóple proporciónalles a garantía dunha axenda de reunións adaptada á súa dispoñibilidade, a identificación de potenciais socios internacionais para proxectos en colaboración, o contacto con empresas líderes e decisores e o establecemento de relacións comerciais duradeiras máis alá das súas fronteiras.

(Fonte: Tecnópole)