Tecnópole participou no Foro Transfiere

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnópole participou na 9ª edición do Foro Transfiere. A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) presentou as novas funcionalidades que a súa rede privada de blockchain (BLOCKPCT) achega á actividade empresarial. 

O evento tivo lugar en Málaga, coa implicación de 28 parques científicos e tecnolóxicos españois. Durante o encontro púxose de manifesto que a rede, que xa está dispoñible, estará aberta durante os próximos meses ao acceso e utilización gratuíta das súas APIS, por parte das entidades situadas nos parques científicos e tecnolóxicos membros de APTE. 

A nova rede proporciona evidencia dixital, transparencia, consenso e seguridade 

Na mesa sobre BLOCKPCT interveu Marcos Arjona, impulsor de investigación e innovación en Eleven Paths (unidade de ciberseguridade de Telefónica), quen resumiu en catro as novas funcionalidades que as empresas e entidades poden incluír nos seus procesos e servizos, creando un novo marco operativo de maior confianza. Asegurou que proporciona evidencia dixital, xa que cada servizo pode xerar evidencias das súas accións, resultados, métricas e calquera dato sobre o que queira reforzar a súa existencia; achega transparencia, debido a que cada entidade pode ofrecer datos libremente para que sexan accesibles publicamente e reforzar así unha visión aberta e colaborativa; crea consenso a través do uso dun espazo común interoperable fóra do control das partes que favorece a resolución de conflitos; e proporciona seguridade, xa que os datos poden ser asinados e cifrados. 

Ademais, este panel serviu para poñer en común as diferentes experiencias dos parques que se uniron á rede, así como comentar a resposta que tiveron por parte das súas empresas. 

Celebrouse a I Asemblea Xeral do ano 

A Asociación aproveitou a ocasión para celebrar a súa I Asemblea Xeral do ano, na que se repasaron os obxectivos conseguidos durante 2019 e presentáronse os de 2020. Un dos grandes propósitos da Asociación para este ano é desenvolver unha estratexia de parques conectada cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), co fin de visibilizar e potenciar o número de actividades que realizan e poden promover os parques. 

Fonte: Tecnópole