Tecnópole leva a súa experiencia en promoción do STEM feminino a Talent Woman

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) e a súa iniciativa Ciencia e Tecnoloxía en feminino, acompañada de 21 relatores procedentes de parques membros da Asociación e mulleres STEM dos seus ámbitos, déronse cita no maior evento de talento feminino en ciencia e tecnoloxía en España para facer promoción das vocación STEM e aproximar o labor dos parques aos máis novos.

Este grande evento bautizado como Talent Woman foi organizado por segundo ano consecutivo en España, concretamente na cidade de Málaga, da man de FYCMA (Pazo de Feiras e Congresos de Málaga) e Talent Network durante os días 28 e 29 de novembro e conseguiu reunir máis de 4000 asistentes.

Por parte de Tecnópole, Sabela Bouzo levou ao evento a experiencia de Parque Tecnolóxico de Galicia na promoción do STEM feminino. Ademais de impartir unha charla a escolares, participou nunha mesa de debate na que representantes de parques científicos e tecnolóxicos e destacadas profesionais do mundo da enxeñería e o emprendemento expuxeron a súa experiencia profesional e proxectos enfocados á promoción das STEM e a redución da brecha de xénero neste ámbito.

Tamén se deron a coñecer os primeiros resultados da segunda edición da iniciativa Ciencia e Tecnoloxía en feminino, na que se destaca que nas máis de 48 xornadas celebradas nos parques se conseguiu que un 7,1% das alumnas enquisadas cambien de opinión e se decanten por un posible futuro relacionado cunha profesión STEM.

Se este resultado o sumamos ao conseguido o ano anterior con esta iniciativa dá como resultado que un 13,2% se formule agora a posibilidade de enfocar o seu desenvolvemento profesional nunha STEM.

Esta iniciativa conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

(Fonte: APTE)