Tecnópole finaliza o proceso de virtualización dos seus servidores

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Todos os servidores de Tecnópole se atopan xa na nube despois de finalizarse o proceso de aloxamento destes na infraestrutura de cloud computing de Conexiona Telecom, empresa TIC con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia.

Deste xeito, complétase así un proceso mediante o que os servidores físicos deron paso a unha infraestrutura virtual que permitirá un importante aforro de espazo e custos, xa que a antigüidade dos servidores anteriores de Tecnópole esixía un importante investimento para a adquisición de novo equipamento e esta foi substituída por un aluguer que inclúe o servizo de mantemento e solución de incidencias, así como todas as actualizacións necesarias para o seu funcionamento nas mellores condicións.

A virtualización dos servidores permitirá dotar a infraestrutura de procesamento de datos de Tecnópole de máis flexibilidade e fiabilidade, ao tempo que se reduce o consumo de enerxía ligado ao funcionamento dos antigos servidores físicos.

A elección de Conexiona como provedor deste servicio debeuse ao alcance dos seus recursos de hardware e software, que permite un aproveitamento da capacidade de procesamento dos seus servidores próximo ao 100%. Ademais, asegúrase a continua disponibilidade de toda a información almacenada grazas á infraestrutura de datos redundada, que garante a protección destes ante calquera incidencia mediante a súa ubicación en dous centros de procesado diferentes.

(Fonte: Tecnópole)