Tecnópole expón as súas iniciativas a favor do emprendemento innovador no marco do proxecto europeo NACCE

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A directora de Tecnópole, Luisa Pena, participou como mentor no I Foro de Innovación que se celebrou en Ourense no marco do proxecto europeo NACCE. A súa intervención centrouse nas iniciativas que a entidade que dirixe puxo en marcha no ámbito do emprendemento innovador. A xornada tivo lugar a semana pasada na Escola Superior de Enxeñería Informática do campus ourensán da Universidade de Vigo.

Luisa Pena interveu nunha sesión matutina titulada 'É a hora de emprender... low cost', durante a que, entre outros temas, explicou o funcionamento do novidoso espazo de coworking inaugurado recentemente en Tecnópole. Durante a tarde, a directora do Parque Tecnolóxico de Galicia púxose, xunto cos demais mentores, a disposición dos asistentes para asesoralos en temas de emprendemento.

O proxecto NACCE, 'Núcleo de Apoio á Competitividade e a Creación de Empresas TIC'', é unha iniciativa que pretende revolucionar o sector TIC na rexión transfronteiriza de Galicia-Norte de Portugal a través da cooperación entre empresas TIC, entidades TIC e de emprendemento e persoas (profesionais do sector, estudantes, profesores, etc) de ambos os dous lados da fronteira.

Esta iniciativa, avalada polo Programa de Cooperación transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, está liderada pola Consellería de Traballo e Benestar xunto con AGESTIC (Asociación Galega de Empresas TIC), Cámara de Comercio de Vigo, Universidade de Vigo, AIMinho-Associaçao Empresarial e o CCG/ZGDV (Centro de Computaçâo Gráfica).

(Fonte: Tecnópole e NACCE)