Tecnópole difunde os seus instrumentos de apoio ao emprendemento innovador en Foro Tecnolóxico de Emprego da Universidade de Vigo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Tecnópole estivo presente no Foro Tecnolóxico de Emprego celebrado a semana pasada pola Universidade de Vigo para difundir os seus instrumentos de apoio ao emprendemento innovador entre os mozos asistentes. A través dun stand na área de empresas colaboradoras, os universitarios puideron acceder a toda a información necesaria sobre as incubadoras que oferta Parque Tecnolóxico de Galicia.
 
A entidade forma parte da Rede Galega de Incubadoras Tecnolóxicas a través dos seus dous viveiros propios, aos que se accede mediante unha solicitude dispoñible en www.tecnopole.es. Os espazos de traballo son de diferentes superficies a partir dos 25 metros cadrados, cun custo mensual dende pouco máis de 170 euros.
 
Ademais, os mozos que se achegaron ao stand de Tecnópole puideron informarse tamén sobre a preincubadora de empresas de base tecnolóxica, que nace da alianza coa Universidade de Vigo. O período de preincubación dura entre 6 meses e un ano e se a iniciativa prospera pasa a aloxarse na incubadora de empresas.
 
A XII edición do Foro Tecnolóxico de Emprego contou coa presenza de 14 stands e preto de vinte empresas participantes. Organizado polas delegacións de alumnos das tres escolas de enxeñerías do Campus de Vigo, o Foro Tecnolóxico é toda unha oportunidade para que alumnado e acabados de titular de Telecomunicación, Industrial e Minas teñan máis preto a oferta laboral das principais empresas dun sector aberto a novas contratacións.
 
Durante tres días, celebráronse diferentes actividades que incluíron dende workshops organizados por diferentes empresas ata varias mesas redondas, incluída unha sobre vehículos eléctricos.
 
(Fonte: Duvi)