Tecnópole deséxavos Bo Nadal e anímavos ser solidarios cos máis desfavorecidos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O equipo da sociedade xestora do Parque Tecnolóxico de Galicia deséxavos Bo Nadal e un estupendo inicio de 2013. Ademais, anímavos a ser solidarios participando na Operación Quilo, na que Tecnópole é entidade colaboradora.

Até o vindeiro xoves 21 estará á vosa disposición un colector na recepción do edificio CEI para depositar alimentos ou xoguetes, que posteriormente serán distribuídos pola Asociación Xuvenil Amencer de Ourense entre familias desfavorecidas.

Agradecemos a vosa colaboración para facer posible que os que menos teñen poidan celebrar tamén o Nadal e que ningún neno quede sen xoguetes.