Tecnópole convértese en sede da universidade corporativa do Clúster de Empresas de automoción de Galicia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Os alumnos dos dous grupos da segunda edición do Programa 'Xestión e Desenvolvemento de Novos Produtos' da universidade corporativa do Clúster de Empresas de automoción de Galicia (CEAGA) contan con novas instalacións formativas en Ourense.

Dende principios de ano, a UCC imparte a formación ao grupo de Ourense nunha aula cedida por Tecnopole. Nestas novas instalacións os 15 alumnos reciben o coñecemento necesario para adquirir a polivalencia requirida no desenvolvemento dun proxecto de innovación en automoción.

Tecnopole xestiona o Centro de Empresas e Innovación, que supón un ámbito especialmente acondicionado para acoller empresas cun marcado carácter innovador e de base tecnolóxica, albergando servizos e infraestruturas de gran valor engadido para as empresas que soliciten a súa utilización, incluíndo instalacións especialmente deseñadas para proxectos emprendedores que inicien a súa actividade empresarial.

(Fonte: CEAGA)