Tecnópole colabora nas Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial da Universidade de Vigo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Universidade de Vigo ultima a organización das V Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial, que terán lugar entre o 12 e o 16 de novembro en Vigo e que contan coa colaboración un ano máis de Tecnópole.

Na pasada edición, celebrada en 2011, déronse cita nestas xornadas máis de 620 persoas dos ámbitos da empresa (pemes galegas e multinacionais), da investigación, da administración e da comunidade estudantil.

Segundo a organización, estanse a ultimar os preparativos para a celebración da edición deste ano, previsiblemente no auditorio municipal, onde ás empresas que xa son habituais -principais marcas internacionais líderes no seu sector-, súmanse investigadores, empresarios e colaboradores doutras universidades que falarán das últimas tendencias en automatización, o futuro tecnolóxico e o emprego, novas aplicacións tecnolóxicas e a automatización en situacións extremas, entre outros interesantes temas.

As xornadas naceron no seo da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais (hoxe reconvertida, tras a súa fusión coa Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial, na Escola de Enxeñería Industrial) da Universidade de Vigo co propósito de achegar a universidade á empresa. Despois destes anos o evento consolidouse, facilitando a inserción laboral dos alumnos da especialidade e servindo para a posta ao día sobre as novidades no sector mediante unha visión global do mercado nacional e internacional.

Máis información, programa provisional e preinscricións en http://jai2012.uvigo.es/.

(Fonte: Universidade de Vigo)