Tecnópole celebra o seu primeiro workshop sectorial centrado na biotecnoloxía

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole celebra o próximo 14 de marzo o seu primeiro workshop centrado no ámbito da biotecnoloxía. Nel daranse cita empresas e entidades para asistir a unha serie de relatorios especializados e coa opción de participar en roldas de contactos e coñecer o laboratorio de biotecnoloxía de Tecnópole. A asistencia é gratuíta e o prazo de inscrición está aberto a empresas e entidades de toda España.
 
Na sesión de mañá intervirán expertos relacionados co bioemprendemento, a valorización do coñecemento e a transferencia de resultados de investigación a empresa, a internacionalización, a xestión e o financiamento.
 
Pola tarde, os asistentes poderán participar en roldas de contactos previamente organizadas segundo os seus intereses e terán ocasión de coñecer o laboratorio de biotecnoloxía de Tecnópole, unha instalación dotada cos máis modernos equipamentos a disposición de empresas e centros de toda España. Trátase dunha iniciativa sen precedentes para facilitar o acceso a tecnoloxía necesaria no desenvolvemento de actividades de I+D+i centradas no sector bio baixo unhas condicións de uso moi vantaxosas.
 
O laboratorio de biotecnoloxía é un servizo especializado de soporte a actividades de investigación deseñado para permitir aos seus usuarios gozar de todas as prestacións e a liberdade que ofrece un laboratorio propio, pero sen ter que asumir os elevados custos de adquisición e mantemento de equipos. Ademais, do mantemento, as tarifas de uso inclúen a limpeza e os gastos correntes (luz, auga, aire comprimido, baleiro, electricidade, etc.) ligados ao uso das instalacións. A utilización dos equipos pode formalizarse para un período de tempo que vai dende unha hora ata o número de días, semanas ou meses que sexan necesarios.
 
A instalación, de 310 m², está distribuída en tres zonas de traballo: laboratorio de ensaios físico-químicos, laboratorio de ensaios microbiolóxicos e espazo para tarefas docentes ou administrativas.
 
Algúns dos equipos cos que se dotou o laboratorio son un microscopio binocular, un HPLC, un GCMS, tres tipos de estufas de incubación, unha cámara de fluxo laminar, un microtomo motorizado, un rotavapor e un liofilizador de sobremesa con bomba de baleiro.
 
Máis información e inscrición aquí.
 
(Fuente: Tecnópole)