Tecnópole celebra o Día Mundial do Medio Ambiente co III Concurso Fotográfico 'Tecnoambiental'

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Parque Tecnolóxico de Galicia celebra o Día Mundial do Medio Ambiente convocando a terceira edición do seu Concurso Fotográfico 'Tecnoambiental', aberto á participación de todos os traballadores das empresas e centros tecnolóxicos de Tecnópole ata o 22 de xuño e que este ano suma á categoría de mellor foto a de mellor vídeo.

Partindo dun enfoque conceptual libre e aberto, as fotografías e vídeos deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou ámbito relacionado co medio ambiente sempre que estea localizado dentro do recinto de Tecnópole.

Cada participante pode presentar un máximo de tres fotografías ou un vídeo orixinais e inéditos a través de correo electrónico (sabela@tecnopole.es) ou da canle de Tecnópole en Twitter mediante mensaxe directa ou usando o hashtag #Tecnoambiental, indicando o nome da obra e un contacto.

A resolución do premio, que consistirá nun vale de 100 euros para a adquisición de accesorios fotográficos e outros 100 euros para accesorios de vídeo, darase a coñecer o día 29 de xuño.

As fotografías poderán estar en formato JPG ou TIFF, cunha resolución mínima de 1772 x 1181 pixeis (abondará unha cámara de 2Mpx), para poder reproducir as fotos en formato 30 x 20 cm. Se é un vídeo, ha de ter unha duración máxima dun minuto.

(Fonte: Tecnópole)