Tecnópole celebra o Día Mundial do Medio Ambiente co II Concurso Fotográfico 'Tecnoambiental'

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Parque Tecnolóxico de Galicia celebra o Día Mundial do Medio Ambiente convocando a segunda edición do seu Concurso Fotográfico 'Tecnoambiental', aberto á participación de todos os traballadores das empresas e centros tecnolóxicos de Tecnópole ata o 30 de xuño.
 
Partindo dun enfoque conceptual libre e aberto, as fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou ámbito relacionado co medio ambiente sempre que estea localizado dentro do recinto de Tecnópole.
 
Cada participante pode presentar un máximo de tres fotografías orixinais e inéditas a través de correo electrónico (sabela@tecnopole.es) ou da canle de Tecnópole en Twitter mediante mensaxe directa ou usando o hashtag #Tecnoambiental, indicando o nome da obra e un contacto.
 
A resolución do premio, que consistirá nun vale de 100 euros para a adquisición de accesorios fotográficos, darase a coñecer o día 7 de xullo.
 
As fotografías poderán estar en formato JPG ou TIFF, cunha resolución mínima de 1772 x 1181 pixeis (abondará unha cámara de 2Mpx), para poder reproducir as fotos en formato 30 x 20 cm.
 
(Fonte: Tecnópole)