Tecnópole atópase no top 5 dos viveiros empresariais de España

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O Centro de Empresas e Innovación de Tecnópole é o cuarto mellor viveiro empresarial de España, segundo o ranking sobre os servizos que prestan estas entidades elaborado anualmente pola Fundación de Caixas de Aforro (Funcas). O labor de Parque Tecnolóxico de Galicia na difusión do espírito emprendedor foi tamén recoñecida como a segunda máis exitosa de todo o Estado.

No exhaustivo informe, realizado por un equipo de economistas expertos, analízanse multitude de variables relacionadas coa complexidade dos servizos prestados polas entidades aos emprendedores. Para valorar o esforzo na difusión do espírito emprendedor, tivéronse en conta concretamente os recursos destinados a esta actividade e a calidade desta.

A radiografía debuxa un desenvolvemento explosivo dos viveiros en España durante os últimos anos, dado que se identificaron 578 incubadoras de empresas en 2015, cando apenas eran 45 en 2008.

Por diante de Tecnópole sitúanse, no primeiro posto do ranking absoluto, o viveiro impulsado pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e, a continuación, o Centro Europeo de Empresas de Aragón e o Centro de Empresas e Innovación de Álava.

O estudo sinala que mentres que entre o 50% e 60% das pemes desaparece como media aos sete anos de vida, as compañías que nacen en viveiros logran manter a súa actividade en até un 90% dos casos.

(Fonte: FUNCAS)