Tecnópole adquire un novo simulador de voo para a Aula Newton, co que se incrementa o número de prazas para participar nesta experiencia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Aula Newton Galicia, a única que existe en España con carácter permanente, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, xa cubriu todas as prazas para a segunda quenda do curso, que se celebrará entre os meses de febreiro a xuño. Dirixida a alumnado desde 2º da ESO a 1º de Bacharelato, esta aula de aprendizaxe de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas está destinada a promover as carreiras científicas e tecnolóxicas entre a mocidade cun enfoque totalmente práctico e moi innovador. A Aula Newton Galicia, que vai pola súa segunda edición, está impulsada conxuntamente pola multinacional Boeing, a organización sen ánimo de lucro FIRST Scandinavia, a Xunta de Galicia e Tecnópole.

En cada xornada poden participar ata 32 rapaces e rapazas

Os participantes terán a oportunidade de iniciarse no mundo da aviación a través do módulo “Voamos con números: unha aventura aérea”. Debido ao éxito desta proposta e co fin de incrementar o número de rapaces e rapazas que poidan desfrutar da mesma, Tecnópole adquiriu un novo simulador de voo, polo que nestes intres a Aula Newton xa dispón dun total de catro simuladores. Ademais, ampliouse o mobiliario da Aula, de xeito que en cada xornada pode haber ata un máximo de 32 participantes e un mínimo de 24.

A rapazada deberá responder a unha hipotética misión de rescate localizada na nosa comunidade, proposta polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, situado na Estrada, froito da colaboración de Tecnópole coa Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), a través do 112 Galicia. Así, para calcular as rutas de voo e cumprir as diferentes misións, o alumnado porase á fronte dos simuladores de voo avanzados, asistidos e orientados en todo o proceso por un equipo de instrutores cualificados.

Fonte: Tecnópole