Tecnópole acollerá un curso gratuíto de dixitalización 4.0 durante o mes de febreiro

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Tecnópole acollerá durante o próximo mes de febreiro o curso gratuíto de dixitalización organizado pola Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) no marco do seu programa Incorpórate e no plan formativo Industria 4.0 do Igape. A formación terá unha duración total de 50 horas e estará limitada a 40 participantes.

O curso, que terá lugar entre o 1 e o 24 de febreiro de 2017, abriu xa o período de inscrición. Dirixido a traballadores en activo de empresas privadas ou autónomos, o programa céntrase no manexo de diferentes ferramentas online para implementar o proceso de transformación dixital das súas respectivas empresas: Google Adwords, redes sociais, email mercadotecnia, comercio electrónico, etc.

Ademais, o curso capacitará as empresas que teñan traballadores/as que o realizasen para solicitar futuras axudas do Igape nas que puntuará acreditar ter algún empregado que completara o curso.

(Fonte: CEO e Tecnópole)