Tecnópole acolle a xornada de brokerage ‘Innovar con éxito’ para conectar a oferta e a demanda de centros e empresas do sector alimentario

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O próximo 13 de decembro terá lugar en Tecnópole a xornada de brokerage ‘Innovar con éxito’, organizada no marco da Rede REAL co obxectivo de conectar as necesidades das empresas do sector alimentario coa oferta científica e tecnolóxica dos centros de coñecemento da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O prazo de inscrición está aberto ata o día 9 de decembro utilizando esta folla de inscrición.
 
Durante a xornada presentaranse as empresas participantes nalgún dos programas de financiamento para a promoción de proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación. Ademais, terán lugar reunións personalizadas -previamente establecidas segundo as solicitudes tramitadas polas empresas, centros tecnolóxicos e grupos de investigación universitarios-, co obxectivo de crear vínculos entre a oferta e as capacidades científicas e tecnolóxicas e as necesidades empresariais, fomentando así a creación de marcos de cooperación ou simples intercambios de ideas. 
 
A xornada, que se desenvolverá ao longo de toda a mañá, será inaugurada polo director xeral de I+D+i da Xunta de Galicia, Ricardo Capilla, e o representante da Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro (xefe de fila do proxecto REAL), Eduardo Rosa. A continuación terán lugar os relatorios sobre patentes e transferencia de tecnoloxía e a presentación dos programas de apoio á innovación contemplados no Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (I2C) 2011-2015. Posteriormente, será exposto en detalle o proxecto REAL e comezarán os talleres de traballo, cos encontros bilaterais entre empresas e centros e a presentación de dous casos de éxito.
 
(Fonte: Tecnópole)