Tecnópole acolle unha xornada gratuíta sobre novidades fiscais

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O próximo martes 12 de xuño terá lugar en Tecnópole unha xornada gratuíta sobre divulgación tributaria impartida por Javier Gómez Taboada, avogado tributarista e director en Galicia de Ernst & Young Abogados. Nela abordaranse principalmente as numerosas e moi relevantes novidades fiscais que se produciron ao longo dos últimos meses.

A xornada, que terá lugar na Sala de Xuntas I do Edificio CEI a partir das seis da tarde, abordará a limitación á deducibilidad fiscal dos gastos financeiros, a sensible restrición da liberdade de amortización, a coñecida como amnistía fiscal e o gravame especial sobre dividendos e rendas de fonte estranxeira. Ademais, tratarase a introdución de límites á dedución por reinvestimento, o novo sistema de cálculo dos pagamentos fraccionados do Imposto sobre Sociedades, a exención de plusvalías de orixe estranxeira e o diferimento na amortización do fondo de comercio.

Ademais, explicaranse as reformas previstas na futura Lei de loita contra a fraude, como son as limitacións á dispoñibilidade de efectivo, os novos deberes de información, a imprescriptibilidade de certos deberes tributarios e as novas facultades da Inspección, entre outros aspectos.

Para calquera información e inscricións: sabela@tecnopole.es.

(Fonte: Tecnópole)