Tecnoloxía punta de embalaxe para o sector cárnico

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
O grupo español RGD Mape está especializado no desenvolvemento de maquinaria industrial de packaging. Agora achega unha nova liña de negocio baseada en tecnoloxía punta de embalaxe destinada ao sector cárnico.
 
RGD Mape deseñou unha tecnoloxía de última xeración que ten como propósito aplicala na maquinaria de embalaxe destinada ao sector cárnico. Con esta iniciativa, que en principio estará só enfocada nos produtos de embutidos, o grupo español pretende aproveitar a súa experiencia acumulada de máis de 30 anos no desenvolvemento de enxeñería da maquinaria, e atender a crecente demanda dun dos primeiros segmentos industriais. O sector cárnico exporta por valor de máis de 2500 millóns de euros anuais a mercados de todo o mundo.
 
A empresa familiar fundouse en 1975, no Sur de España (Sevilla) Cinco anos máis tarde, xa era moi activo en maquinaria de embalaxe dentro do sector panadeiro. Nos anos 90, a súa maquinaria exploraba outros mercados como o hortofrutícola. É entón cando comezou a vender tecnoloxía ao resto de Europa e a desenvolver diversos modelos de máquinas e complementos para personalizar e adaptar os seus produtos ao cliente. Pouco despois, desembarcou en Verona (Italia). Actualmente, o 50% da facturación da empresa procede de clientes de fóra de España.
 
(Fonte: Spain Technology)