Tecnoloxía para lograr unhas estradas silenciosas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

O centro tecnolóxico español Cidaut investiga unha novidosa tecnoloxía destinada a atenuar o ruído das cidades. Baixo o paraugas do proxecto Pass By, Cidaut traballa con novos materiais co fin de fabricar pavimentos das beirarrúas, estradas ou vías do ferrocarril que reduza ata case desaparecer as vibracións, o ruído e a contaminación.
 
O singular destes materiais é que conseguen manter a seguridade no asfalto e conservan a eficiencia enerxética. De modo que un coche non ten por que gastar máis combustible ou realizar maior esforzo por circular sobre un asfalto destas características 'silenciosas'.
 
Por exemplo, para illar unha estrada téndese a que sexa menos ríxida, e teña menor ruído pero, pola contra, supón maior gasto de gasolina para o vehículo porque o esforzo é máis grande. O material insonorizante co que Cidaut traballa logra filtrar a enerxía que xera o vehículo ao pasar, e evitar que chegue en forma de ruído a construcións próximas. Para logralo, hai que moldear o material illante para cada situación concreta. Ademais, o centro emprega materiais reciclados de escouras de pneumáticos e tamén de produtos plásticos. Os pneumáticos contan con características moi boas para reducir a rixidez da estrada e se adecúan moi ben ao coche que circula por ela.
 
Cidaut desenvolve estes novos materiais buscando o equilibrio entre todos os compoñentes, reducindo ruídos e vibracións tanto de estradas coma das vías do tren. Esta formulación de ter en conta todas as variables como a seguridade e a utilización da enerxía, é pioneira, segundo os seus responsables.
 
(Fonte: El Mundo)