Tecnoloxía galega para o funcionamento do novo Hospital Universitario de Glasgow

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A empresa galega Plexus contribuíu cos seus avances tecnolóxicos ao funcionamento do novo Hospital Universitario de Glasgow, situado no sur da cidade. Hai uns días tiveron lugar as primeiras consultas nas que xa se usan as innovacións dunha compañía especializada, entre outras cousas, no desenvolvemento de aplicacións, sistemas de información e provisión de infraestrutura informática.

Especificamente, a área na que contribuíu a Plexus é na chamada tecnoloxía QuendaMedic. Facer máis áxil o tempo de espera reducíndoo coa xestión e administración das TIC son varias das calidades de QuendaMedic, unha achega que á súa vez orienta citas e quendas no ámbito sanitario. Servizos como recepción, información, circulación de usuarios ou conseguir citas con maior facilidade é tamén consecuencia da achega de Plexus ao novo hospital.

O investimento tecnolóxico de todo o complexo hospitalario supuxo máis de 840 millóns de libras. O alto tránsito de persoas que prevé a sanidade escocesa do novo centro fixo que se aposte polo sistema de xestión de cita e circulación de pacientes da tecnolóxica de Plexus. E é que non é a primeira vez que a compañía galega xoga un papel importante na sanidade máis alá das nosas fronteiras. Outros hospitais de Reino Unido como o Queen Alexandra, Southerm General ou Yorkhill Children sérvense da súa tecnoloxía.

"É un sistema que xa funciona en España e queremos seguir exportando a outros países de Europa", comenta Antonio Agrasar, de Plexus. A positiva valoración que o servizo de saúde público escocés deu da tecnoloxía española para a xestión de quendas "significa que somos un dos referentes europeos en canto a capacidade de integración".

(Fonte: Innovaspain)