Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnópole acollerá na súa preincubadora a idea gañadora do Premio ao Mellor Proxecto Empresarial do Máster de Innovación da Uvigo

A idea de negocio que resulte gañadora do Premio ao Mellor Proxecto Empresarial do Máster en Creación, Dirección e Innovación na Empresa da Universidade de Vigo poderá desenvolverse na preincubadora de Tecnópole. O proxecto vencedor presentarase este xoves na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense.

Economía e Industria concederá tres millóns de euros en axudas para mellorar a competitividade dos centros tecnolóxicos galegos

A Consellería de Economía e Industria convocou axudas por preto de tres millóns de euros para mellorar a competitividade dos centros tecnolóxicos galegos.

Unha empresa de prótese á medida para animais gana a segunda edición do Premio Bancaja de Novos Emprendedores da Universidade de Vigo

Unha empresa dedicada ás próteses á medida para animais foi a vencedora da segunda edición do Premio Bancaja de Novos Emprendedores que outorga a Universidade de Vigo.

A metade das empresas españolas máis innovadoras basea os seus novos produtos en ideas da competencia

Preto da metade das empresas máis innovadoras en España basea os seus novos produtos en ideas que xa foron desenvolvidas pola competencia, segundo sinala un estudo da Universidade Pablo de Olavide. A análise, que se levou a cabo sobre unha base de 400 empresas de sectores como a química, as telecomunicacións e o automóbil, destaca que só o 7,5% centra o seu negocio na xeración de innovación dentro da propia compañía.

As empresas tecnolóxicas aumentan en Galicia un 7,4% en 2011

As empresas tecnolóxicas aumentaron un 7,4% no período 2010-2011 en Galicia, ata rozar case as 2000, segundo a análise sobre o emprego neste sector e na economía do coñecemento elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA).

O Ministerio de Economía concede case 100 millóns de euros en axudas do Programa INNPRONTA

O Consello de Ministros autorizou a concesión das axudas correspondentes á convocatoria do ano 2011 do Programa INNPRONTA. Esta iniciativa, convocada polo Ministerio de Economía e Competitividade a través da Secretaría de Estado de I+D+i, está dirixida a subvencionar grandes proxectos de investigación industrial de carácter estratéxico, gran dimensión e longo alcance científico-técnico, en áreas tecnolóxicas de futuro, con proxección económica e comercial a nivel internacional.

Nanotubos: a nova fonte de enerxía

Os nanotubos de carbono volven ser noticia. Un grupo de científicos do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT, do inglés Massachusetts Institute of Technology), unha institución de educación superior privada situada en Cambridge (Massachusetts) conseguiu desenvolver unha nova fonte de enerxía baseada neste material.

O tráfico móbil de datos multiplicarase por 18 ata 2016

O tráfico móbil de datos incrementarase 18 veces entre 2011 e 2016, alcanzando os 10,8 exabytes mensuais ou 130 exabytes anuais -o equivalente a 33.000 millóns de DVDs, 813 cuadrillóns de mensaxes de texto SMS ou 4,3 cuadrillóns de arquivos MP3-, segundo un informe de Cisco, Visual Networking Index, sobre Tráfico Global de Datos Móbiles 2011-2016.

Os 'cerebros' dixitais que veñen

Acender un portátil tan rápido como unha lámpada ou almacenar no móbil a colección de música, fotos e vídeos de toda unha vida. Agora é impensable pero en cinco ou dez anos será case unha rutina. Polo menos iso din os enxeñeiros que traballan en desenvolver o sucesor da memoria flash. Samsung, IBM e HP, entre outros, andan á greña por ser os primeiros en conseguilo.

Crean un impresionante material superadhesivo inspirado nas patas dos lagartos

Os biólogos sempre se sorprenderon polo poder das patas do geco, un lagarto que pode escalar paredes lisas sen esvararse e mesmo se pasear polos teitos con facilidade. Estas habilidades son ben coñecidas entre as persoas que viven en climas mornos, que ven como estes animaliños aparecen sobre as súas cabezas en calquera cuarto.

Innovacións europeas nas etiquetas de identificación por radiofrecuencia

Europa non desiste no seu empeño por innovar. Á crecente lista de produtos e servizos innovadores súmase o primeiro circuíto de identificación por radiofrecuencia (RFID) do mundo, deseñado e creado polo Interuniversitair Micro-Electronica Centrum Vzm (IMEC, Bélxica), o Centro Holst (Países Baixos) e o consorcio ORICLA.

Tecnópole organiza 'Espectáculos de ciencia' para 8000 estudantes por toda Galicia durante os próximos catro meses

Preto de 8000 estudantes en total participarán nos 'Espectáculos de ciencia' que Tecnópole organizará por toda Galicia durante os próximos catro meses. O primeiro deles, titulado 'Ciencia ou ficción', comezou este mércores en Ourense con dúas sesións e repetirase os próximos días en Lugo, Santiago, A Coruña e Pontevedra.

Páxinas