Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Catorce proxectos na terceira edición da aceleradora BFFood

Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario galego impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e empresas de referencia neste ámbito industrial, ten en marcha a súa terceira edición, para a que se seleccionaron un total de 14 proxectos. En concreto, seis acceden ao programa de consolidación e oito ao de aceleración.

Automatización intelixente de procesos industriais con selo galego

AIMEN Centro Tecnolóxico, con sede en Vigo, participa no proxecto europeo CAPRI, cuxo obxectivo principal é a transformación dixital da industria de procesos mediante solucións cognitivas integradas para mellorar o rendemento e flexibilidade das plantas de produción, facilitando a operación autónoma e optimizando a toma de decisións.

A UE premia unha aplicación da UVigo para inspeccionar antenas 5G con drons

O salto á tecnoloxía 5G xa comezou e o bo funcionamento destas redes pasará pola optimización das antenas intelixentes (beamforming), que son moito máis complexas, ademais de custosas, que as súas predecesoras. A Unión Europea premiou unha aplicación deseñada pola Universidade de Vigo para inspeccionar estas infraestruturas mediante o uso de drons e que xa está lista para o seu lanzamento comercial por parte das empresas que amosen o seu interese.

Buscando como é o virus galego

Hai unha historia da pandemia que ninguén coñece con detalle. É a historia que está escrita no código xenético do virus. Se se puidesen analizar o material xenético dos coronavirus que infectaron a máis de 130 millóns de persoas no mundo, poderíase escribir esa historia con absoluta precisión: quen contaxiou a quen, que camiños seguiu o patóxeno, onde apareceron as mutacións e como viaxaron polo mundo... Iso é o que, a escala galega, está a tentar o proxecto Epicovigal, un consorcio que coordina o biólogo evolutivo David Posada, catedrático de Xenética da Universidade de Vigo.

O sector das TIC galego resiste o embate da covid á alza pola expansión da dixitalización

Abondan os dedos dunha man para contar os sectores que medraron durante a pandemia: a industria alimentaria, a farmacéutica, o ecommerce ou as tecnoloxías da información e comunicacións. Este último ámbito produtivo, coñecido polo seu acrónimo como TIC, medrou en Galicia un 1,9% ao longo dun 2020 marcado -menos os dous primeiros meses- polo coronavirus, até chegar a aglutinar a case 20.000 traballadores.

‘Low code’, o paso adiante da dixitalización sen complicacións

O 2021 é o ano do “low code”. Desde a chegada da pandemia, esta tecnoloxía leva meses experimentando en España un crecemento exponencial. Cada vez son máis as empresas que deciden dixitalizar os seus servizos a través dunhas ferramentas que, á parte de ser sinxelas de manexar e de implantar, aforran custos ás compañías no seu proceso de dixitalización. E é que unha das grandes vantaxes do “low code” é que permite desenvolver aplicacións completas sen necesidade de ter grandes coñecementos de programación.

Máis secuelas da Covid no tecido empresarial

O forte impacto da depresión económica causada pola Covid-19 en España reflíctese non só no histórico afundimento da actividade ou o forte aumento da poboación inactiva (sumando parados e traballadores en ERTE). Tamén a creación de empresas rexistrou o menor nivel en 14 anos, tras retroceder un 15% o pasado exercicio. Un indicador que reflicte unha das secuelas da pandemia máis preocupantes para a nosa economía: o desincentivo a emprender novas aventuras empresariais debido á drástica deterioración das expectativas.

Estudantes e profesores de Secundaria, Bacharelato e FP de toda España poden participar no concurso de fotografía a través de Instagram que promove Galiciencia online 2021

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde 2006. A súa finalidade é achegar a ciencia á sociedade, en especial aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato, contribuíndo a espertar neles as vocacións científicas. Conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain); e coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia e Innovación.

Drons con selo pontevedrés para vixiar desde o ceo o verán galego

Os drons son a aposta de moda entre a Xunta de Galicia e os concellos galegos para tarefas de vixilancia, especialmente de cara ao verán, onde a verificación das medidas anticovid antóllanse cruciais para evitar que se repita o do ano pasado, cando se dispararon os casos en setembro e outubro pola relaxación das medidas.

A sanidade tira da intelixencia artificial para optimizar procesos e mellorar a vida dos pacientes

As posibilidades da intelixencia artificial son moitas e iso é algo que non se lles escapa aos profesionais sanitarios, nin tampouco a investigadores como os do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (Citius) da USC. Os seus proxectos relacionados coa área da saúde non son poucos e para exemplo SmartCardia, unha plataforma que facilita a rehabilitación cardíaca despois dun infarto e que acaba de ser validada por un equipo do CHUS.

Química fluorescente galega

Nunca antes de 2020 se puxera de manifesto a necesidade de acelerar os procesos de investigación previos ao desenvolvemento dun fármaco; un camiño que pode supor máis de dez anos de investigación e custos superiores a mil millóns de euros e que se inician coa identificación dunha posible diana terapéutica. Este primeiro paso facíase tradicionalmente cun cribado de compostos químicos, unha fase que agora é posible acurtar grazas á tecnoloxía desenvolta por Celtarys, unha empresa moi recente, pero que xa acumula anos de investigación nos laboratorios da USC.

Investigadores do CiMUS descobren unha chave para deter as metástases

É moito o que xa se coñece do cancro e os seus mecanismos, pero moitos procesos aínda se descoñecen e os investigadores seguen a traballar para desvelar todos os seus segredos. Un deles acaba de ser desvelado por un equipo do Centro de Investigación en Medicamento Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), da Universidade de Santiago (USC).

Páxinas