T-Solar fabricará en Tecnópole 113.600 módulos de capa delgada de silicio amorfo hidroxenado para as dúas centrais que constrúe en Perú

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Grupo T-Solar, un dos principais operadores mundiais no mercado de xeración de electricidade de orixe solar fotovoltaica, acaba de asinar tres empréstitos por un total de 145 millóns de dólares cos que pecha o financiamento das dúas centrais fotovoltaicas de 44 MW que a compañía está a construír en Arequipa, ao sur de Perú.
 
Estas dúas novas centrais serán para T-Solar os primeiros proxectos de enerxía solar fotovoltaica de grande escala en Latinoamérica. Ocuparán unha superficie de 206 hectáreas e contarán con 113.600 módulos de capa delgada de silicio amorfo hidroxenado producidos polo propio Grupo T-Solar na súa fábrica de Tecnópole.
 
Isolux Corsán, grupo empresarial do que T-Solar forma parte e un dos maiores construtores de plantas fotovoltaicas a nivel mundial con máis de 290 MW en operación, levará a cabo a construción das plantas a través dun contrato EPC.
 
Os parques, situados nos distritos de La Joya e Caylloma, producirán 80 GWh ao ano electricidade suficiente para abastecer unha poboación de 80.000 habitantes. A construción destes proxectos xerará máis de 160 empregos directos entre a poboación local. As plantas espérase que estean conectadas á rede nacional no segundo semestre de 2012.
 
O investimento total en ambos os dous proxectos supera os 165 millóns de dólares. A axencia estadounidense para a promoción de investimentos americanos en proxectos sustentables no exterior, Overseas Private Investment Corporation (OPIC) achegará ata 131 millóns de dólares en débeda senior. A axencia de desenvolvemento holandesa Netherlands Development Finance Company (FMO) e a axencia de desenvolvemento francesa Institution Financière de Développement (proparco) achegarán ata 14,3 millóns de dólares, entre ambas as dúas. T-Solar achegará o resto do investimento con cargo a fondos propios.
 
Grupo T-Solar estivo asesorado nesta operación por Astris Finance, empresa norteamericana especializada no asesoramento de transaccións, nos sectores enerxético e de infraestruturas, en mercado emerxentes.
 
América Latina é un mercado de destino importante para T-Solar dado o alto nivel de irradiación solar da rexión e o seu crecente interese pola transición enerxética e as enerxías renovables. Neste contexto, T-Solar espera que as economías máis fortes da rexión ofrezan oportunidades interesantes ao sector fotovoltaico, nos próximos 5 anos.
 
(Fonte: Agencia Internacional de la Energía)