T-Solar e GDF Suez Energía España selan un acordo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

O Grupo T-Solar, con factoría en Tecnópole, e GDF SUEZ Energía España acaban de selar un acordo comercial para implantar o servizo de centro de control e envío de telemedicións en tempo real dirixido a produtores de instalacións enerxéticas en Réxime Especial.
 
O acordo supón, para ambas as dúas compañías, o inicio dunha colaboración para ofrecer novos servizos a instalacións enerxéticas, dando resposta ás necesidades do mercado, ao tempo que se optimiza o beneficio da produción das instalacións das diferentes compañías interesadas.
 
Este servizo responde ao requirimento do Real decreto 1565/2010 que establece a necesidade de adscrición a un Centro de Control de xeración e, no seu caso, ao envío de telemedidas ao Operador do Sistema, o que permitirá a Rede Eléctrica de España (REE) coñecer en tempo real a produción das instalacións renovables ao incorporarse dende agora, entre outras, as centrais fotovoltaicas.
 
O Centro de Xestión de Enerxía (CGE) sitúase nas oficinas centrais de T-Solar en Madrid. Entre outras moitas funcionalidades, o sistema do CGE, informa acerca de producións de enerxía por debaixo do óptimo en tempo real, conta cun despacho de produción que permite coñecer a xeración de todas e cada unha das instalacións en tempo real, identifica as incidencias inmediatamente mediante a supervisión de alarmas que informan do tipo de fallo de cada equipo e avisa nese momento ao operador da central, o que facilita a xestión e optimiza o mantemento.
 
T-Solar achega a experiencia e o know-how na monitorización e telecontrol dos seus 165 MW de capacidade instalada a través do seu Centro de Xestión de Enerxía (CGE) pioneiro tecnoloxicamente grazas aos seus sistemas de telecomunicacións de última xeración. Pola súa parte, GDF SUEZ Energía España colabora no proxecto actuando ante o mercado como interlocutor, levando a cabo o labor comercial, contratación e facturación dos clientes que desexen adherirse ao Centro de Control, grazas á súa ampla experiencia na produción e comercialización de enerxía eléctrica, especialmente na representación en Réxime Especial e xestión da produción de coxeneradoras e enerxías renovables.
 
(Fonte: Energética21)