A startup Brookesia presenta a súa pulseira intelixente no Digital Entreprise Show tras ser nomeada por Tecnópole

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

A startup Brookesia Design&Technologies presenta este mércores a súa pulseira intelixente no Digital Enterprise Show (DES) tras ser nomeada por Tecnópole no marco do acordo da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) coa organización do evento.

O DES 2016 celébrase en Madrid entre o 24 e o 26 de maio, co obxectivo de mostrar as solucións máis innovadoras en todos os sectores económicos para axudar ás empresas a emprender a súa transformación cara á nova economía dixital.

O evento inclúe un open innnovation marketplace no que un grupo de empresas de toda España seleccionadas polo seu potencial para transformar a industria terán a oportunidade de presentar o seu proxecto e manter encontros con grandes compañías.

Os dez proxectos máis destacados participarán nos European Digital Mindset Awards, premios que recoñecen o traballo de persoas e empresas na busca de novos modelos de negocio no marco da transformación dixital.

Co obxectivo de posicionarse moi pronto no mercado dos wearables, Brookesia presentará o seu prototipo de pulseira intelixente, cuxa saída ao mercado se prevé para despois do verán. A BrooBand será personalizable e permitirá levar no pulso todo o que temos no smartphone, aparte de intercambiar contactos con outros usuarios só cun apertón de mans, realizar pagamentos ou contar cun sistema de recoñecemento biométrico. Ademais, virá cun kit de desenvolvemento de software que permitirá que terceiras persoas deseñen apps para personalizar a súa pulseira

18.000 profesionais

O evento, que se celebrará no recinto IFEMA, reunirá máis de 18.000 profesionais do mundo da innovación e a creatividade nos negocios. Durante tres días terán lugar máis de 450 relatorios co obxectivo de que expertos internacionais conten o último sobre social business, liderado dixital, ciberseguridade, internet das cousas ou mobilidade, entre outros temas. Todo iso coas empresas e a súa transformación dixital como fío vertebrador do evento.

(Fonte: Tecnópole)