Unha spin-off creada na USC integra un proxecto para robotizar viñedos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A spin-off da USC 3 edata forma parte, xunto con quince socios máis, do grupo operativo Robodronvi, cuxa finalidade é impulsar o uso da robótica no cultivo de viñedos nun proxecto incluído no Programa Nacional de Desenvolvemento Rural e subvencionado polo Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e por Feader, en relación coa Asociación Europea para a Innovación en materia de Produtividade e Sustentabilidade Agrícola (AEI-Agri).

Xunto coa empresa 3edata, tamén participan neste proxecto un grupo de investigadores do departamento de Botánica do Campus Terra, que pretenden, a través da tecnoloxía, optimizar a competitividade e sustentabilidade do cultivo do viñedo.

Minimizar o impacto ambiental

Ademais de intentar conseguir a máxima rendibilidade e produtividade e de contribuír á loita eficaz contra as enfermidades e pragas que afectan aos viñedos, outro dos obxectivos máis importantes de Robodronvi é tratar de minimizar o impacto ambiental do cultivo da vide.

A adaptación destes sistemas robotizados aos distintos sistemas de cultivo do viñedo é outro dos puntos que pretende abordar o consorcio de Robodronvi, coa finalidade última de obter máximos rendementos.

O traballo xa desenvolvido ao longo deste ano polo grupo Robodronvi rematará en novembro.

Esta iniciativa finalizará cun proxecto para facilitar a incorporación destas tecnoloxías altamente innovadoras ao sector vitícola nacional, de forma que se apliquen de forma inmediata e así comezar a facer rendible, en forma de resultados económicos, os traballos de investigación previos levados a cabo polas distintas empresas e institucións implicadas neste proxecto.

(Fonte: El Progreso)