Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Grifols ofrécese para entrar no capital de empresas de biotecnoloxía

O xigante catalán de produtos de hemoderivados móstrase disposto adquirir compañías españolas de biotecnoloxía que necesiten recursos para continuar coas súas investigacións.

Nova tecnoloxía para aumentar a autonomía de coches híbridos e eléctricos

O grupo automobilístico francés PSA Peugeot-Citroën e o fabricante alemán de compoñentes para vehículos Bosch presentaron un novo sistema, denominado OpEneR, que permite incrementar a autonomía dos coches híbridos e eléctricos.

A intelixencia chega á industria

Toda unha revolución tomou terra e fíxoo con nome e apelidos: Internet Industrial, unha tendencia imparable que chegou para quedar, e a súa implantación na xestión e os procesos empresariais fará correr ríos de tinta. Un paliativo in extremis para a crise que, ademais de mellorar a produtividade, supón un aforro nos custos porque racionaliza e acurta os procesos en pro dunha maior calidade e eficiencia.

A Preincubadora da Tecnópole dalles a benvida a tres novos proxectos de emprendemento innovador

A Preincubadora de empresas de base tecnolóxica promovida por Tecnópole e a Universidade de Vigo deulle hoxe a benvida a tres novos proxectos de emprendemento innovador. Os servizos especializados a pemes de exportación e importación, un novo concepto de bolsa ergonómica e unha plataforma de impulso do comercio local son as liñas de negocio que explotarán os tres equipos de universitarios desde os seus espazos no Centro de Empresas e Innovación (CEI) e no edificio Tecnópole I do Parque Tecnolóxico de Galicia.

O Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial presenta o venres en Tecnópole os seus servizos a empresas

Este venres 28 de xuño Tecnópole acollerá a xornada "Solucións Innovadoras con Tecnoloxía Matemática", na que o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial presentará os seus servizos a empresas.

Galicia sitúase como referente internacional no desenvolvemento de ferramentas TIC de última xeración para a industria

Achegar á sociedade as novidosas actuacións que está a desenvolver o tecido industrial de Galicia no campo das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación foi o principal obxectivo do Showroom "Últimas tendencias en TIC con aplicación industrial" organizado hai uns días polo Centro de Excelencia de Vigo.

O financiamento para innovación nas empresas españolas caeu un 34% en 2012

A innovación xa é unha prioridade para as empresas. Pero no contexto da crise, o acceso ao axeitado financiamento segue presentándose como un escollo. A oitava edición do Barómetro internacional de financiamento da Innovación 2012, elaborado pola consultora Alma cg, destaca que o financiamento da innovación das empresas españolas diminuíu un 34%. O informe apunta tamén que unha de cada tres empresas teme que o seu financiamento se reduza no seguinte exercicio.

O 60,7% das patentes solicitadas en 2012 pertencía a pequenas e medianas empresas

O 60,7% das 1193 patentes solicitadas en 2012 pertencía a pequenas e medianas empresas, segundo os datos da Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) citados na mesa de debate sobre Propiedade Industrial organizada por Fundetec en Madrid.

A dedución en I+D tamén rexe en proxectos feitos por encarga

O gasto dunha sociedade española ao subcontratar un servizo no marco dun proxecto en I+D ten dereito a dedución no imposto sobre sociedades. Mesmo -e esa é a novidade- se o beneficiario último e propietario dos dereitos da investigación é unha empresa estranxeira. Así o establece unha recente consulta vinculante da Dirección Xeral de Tributos á que tivo acceso Cinco Días.

Aprobado o estándar europeo para xestionar a innovación

O Comité Europeo de Normalización (CEN) aprobou a primeira especificación técnica europea que indica a forma de desenvolver un Sistema de Xestión da Innovación, a CEN/TS 16555-1. A súa publicación está prevista para a primeira quincena de xullo.

Sacyr abre a cuarta edición dos seus Premios á Innovación

Sacyr abriu a convocatoria da cuarta edición dos Premios de Innovación cos que a compañía busca incentivar e recoñecer aos que desenvolven ideas "innovadoras, creativas e pioneiras, formuladas como retos de superación e coñecemento".

As 'start-ups' españolas captan máis de 50 millóns dende maio

Algo está a cambiar en torno ás start-ups tecnolóxicas españolas, que dun tempo a esta parte parece estar a atraer máis investimento que nunca. Segundo cálculos feitos por CincoDías, só no último mes e medio producíronse preto de 20 operacións de entrada de capital nestas novas empresas, que lles permitiu captar en conxunto uns 50 millóns de euros. Unha cifra nada desprezable, máis tendo en conta a crise económica que vive o país.

Páxinas