Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Arranca en Lleida a primeira planta do mundo que combina enerxía solar e biomasa

A semana pasada quedou inaugurada en Les Borges Blanques (Lleida) a primeira instalación termosolar no mundo que combina tecnoloxía solar e biomasa. A posta en marcha desta planta pioneira participada por Abantia (47,5%), Comsa Emte (47,5%) e o Institut Català d 'Energia (5%) supón unha revolución no ámbito das enerxías alternativas, xa que ofrece unha xeración continua de enerxía 100% renovable.

¿Substituirán os smartwatches aos smartphones?

Hai expertos que predín que será o gadget do futuro, mentres que outros o ven como un mero complemento tecnolóxico para os móbiles intelixentes. O certo é que, relevo ou non, o interese entre os usuarios crece e son moitos os que están impacientes por probar estes dispositivos. Calcúlase que en 2013 se venderán 1,2 millóns.

Unha lámina converte o móbil nun panel solar

Investigadores da Universidade de Los Angeles, California (UCLA), desenvolveron unha lámina transparente de dobre capa que podería ser colocada en ventás, teitos solares, pantallas de teléfonos intelixentes e outras superficies para captar a enerxía do sol e que produzan enerxía de xeito autónomo.

Un bio-adhesivo que incrementa un 30% a resistencia de vigas e columnas de madeira

A industria química non desenvolveu ata a data adhesivos sen dependencia do petróleo capaces de mellorar a resistencia mecánica de grandes estruturas de madeira laminada destinadas á construción

Un sistema converte calquera superficie plana nunha pantalla táctil

Un sistema de baixo custo desenvolvido pola Universidade Tecnolóxica Nanyang (NTU, Singapur), baseado nos principios da vibración e de captación de imaxe, e que é capaz de seguir os movementos de varios dedos e dos obxectos, pode converter unha ventá de vidro, unha lousa ou mesmo unha mesa de madeira nunha superficie sensible, interactiva co tacto.

Tecnópole aproba a instalación de dúas empresas dos sectores da robótica e das telecomunicacións

Tecnópole aumenta a súa nómina de empresas coa incorporación de dúas novas iniciativas de negocio, segundo autorizou o Consello de Administración da entidade na súa última reunión. As novas empresas, que se instalarán no Centro de Innovación e Empresas (incubadora de Tecnópole), desenvolverán a súa actividade nos sectores da robótica e das telecomunicacións.

Sonen crea un selo gratuíto de calidade acústica para promover o confort en establecementos de hostalería e auditorios

A empresa Sonen Acústica, unha iniciativa emprendedora nacida en Tecnópole, creou un selo gratuíto de calidade acústica para promover e acreditar o confort en establecementos de hostalería e auditorios. Polo de agora, sete locais galegos (cinco en Ourense e dous en Vigo), un en Barcelona e outro en Ibiza estrearon xa os seus distintivos.

Feder-Innterconecta destina 74,3 millóns de euros a 79 proxectos galegos de I+D

Setenta e nove proxectos de I+D de Galicia foron aprobados, de forma provisional, na convocatoria do programa Feder-Innterconecta correspondente a este ano, cuxo obxectivo foi impulsar o avance tecnolóxico e industrial desta comunidade a través de proxectos de alto nivel tecnolóxico, alto valor engadido e que estimulen a creación de emprego cualificado.

A Coruña, Adeje, Salinas e Porto Lumbreras obteñen o distintivo "Cidade da Ciencia e a Innovación''

A Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación distinguiu como "Cidade da Ciencia e a Innovación 2012" á cidade da Coruña e ás poboacións de Adeje (Tenerife), Salinas (Alacante) e Porto Lumbreras (Murcia).

Unha ourensá de 29 anos, premio Novos Emprendedores da EOI polo seu proxecto de mellora da competitividade das granxas acuícolas

Laura León Rodríguez, licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, resultou gañadora do premio nacional Novos Emprendedores da EOI. O proxecto de Laura León comprende a investigación, desenvolvemento e comercialización de sistemas e formulacións farmacéuticas para mellorar a competitividade das granxas acuícolas, especialmente de rodaballo.

COTEC sostén no seu último informe que a crise está a destruír a escasa capacidade investigadora das empresas españolas

A Fundación Cotec acaba de finalizar a elaboración do seu Informe Cotec 2013 sobre Tecnoloxía e Innovación en España, que recolle a evolución dos principais indicadores de I+D e innovación a escala nacional e por comunidades autónomas, e a súa comparación internacional. O documento inclúe tamén a opinión de máis dun centenar de expertos sobre a situación e evolución futura do sistema español de innovación e dedica un capítulo especial ao Crecemento Verde, un aspecto fundamental para o crecemento económico sustentable a escala global.

A Comisión Europea anuncia un investimento público-privado de 22.500 millóns de euros para innovación

A Comisión Europea anunciou un paquete de investimento público-privado de 22.579 millóns de euros para os próximos sete anos para promover a investigación en innovación en Europa en sectores de gran potencial de crecemento e para crear empregos de calidade, como os medicamentos innovadores, o sector aeronáutico, a bioindustria, baterías e hidróxeno e o sector da electrónica que dan emprego a máis de catro millóns de persoas.

Páxinas