Siemens lánzase á busca da mellor startup española

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Por segundo ano consecutivo, Siemens abriu a convocatoria do concurso dedicado á busca da "mellor startup española". A iniciativa, chamada #StartUpSiemens, consiste nunha competición anual que vai seleccionando as mellores startups, sempre e cando estean dedicadas aos diferentes ámbitos da compañía: dende a intelixencia artificial, as máquinas autónomas ou a electrificación descentralizada, ata á mobilidade en rede as aplicacións blockchain ou os voos eléctricos, entre outros.

Deste modo puxo de novo en marcha o concurso, co obxectivo de seguir fomentando as ideas disruptivas das novas empresas españolas. É por iso que tamén creou a unidade Next47, unha plataforma que dispón de fondos por importe de 1000 millóns de euros para investir en novas propostas durante os cinco primeiros anos de vida. Nesta segunda edición, o gañador conseguirá a opción de poder obter financiamento para o seu proxecto e apuntalar así o desenvolvemento da súa idea.

Todos os interesados poden inscribirse ata o próximo 4 de outubro e a selección funcionará así: entre todos os proxectos recibidos, un comité de expertos nas materias a concurso, e integrado por representantes de distintas áreas de actividade de Siemens España, avaliará e seleccionará as 10 candidaturas finalistas, que se darán a coñecer o próximo 16 de outubro na páxina web do concurso. "Finalmente, a startup gañadora anunciarase durante o acto de celebración da final, que terá lugar o 25 e 26 de outubro na sede da compañía, tras deliberación final do xurado," apuntan dende a filial.

Estes grandes investimentos non son novos xa que, segundo a compañía, Siemens colaborou con startups dende finais de 1990. "Nos últimos 20 anos, investiuse máis de 800 millóns de euros en aproximadamente 180 novas empresas. Ademais, estase en contacto con máis de 1000 startups ao ano, lanzando ao redor de 20 cooperative ventures cada exercicio e fundando máis dunha ducia de startups propias", aseguran.

(Fonte: Innovaspain)