Serigrafiarte presenta as novidades da súa marca de roupa para nenos por primeira vez na feira Intergift

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A empresa de Tecnópole Serigrafiarte presenta as novidades da súa marca de roupa e complementos personalizables para nenos na próxima edición de Intergift, a feira que se celebrará do 7 ao 11 de setembro no recinto feiral de IFEMA (Madrid).

Tras unha andaina de case tres anos, este paso supón a posta de longo da empresa galega, que intenta buscar un oco e consolidarse no sector da moda e complementos infantís presentando o seu catálogo de produtos nun grande evento internacional e pasar con éxito o rigoroso exame dos compradores profesionais. O obxectivo: buscar novos distribuidores, ampliar puntos de venda e, sobre todo, marabillar e fidelizar a un público esixente e profesional cos seus deseños.

Aproveitando a importancia e magnitude do evento, ademais de expoñer os seus modelos de body para bebés, babeiros, camisetas e suadoiro, presentarán o seu novo catálogo de produtos e deseños, novidosos, visualmente agradables, modernos e co valor engadido de que se fabrica totalmente en España.

Para ir abrindo boca, á espera de ver as novidades, pódense ollar os produtos da firma galega, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia, na súa web www.pioshop.es. Fantasía, o mesmo nome que por casualidade leva o pavillón no que expoñen, é o que inspira os seus deseños.

A responsabilidade deste proxecto recae sobre un novo pero experimentado equipo cuxos dotes de imaxinación e creatividade quedan reflectidos nos seus traballos.

(Fonte: Serigrafiarte)