A seguridade e a prevención laboral premian ao Polígono San Cibrao

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Mutua Universal concedeu unha mención especial nos V Premios Innovación y Salud á Asociación de Empresarios Polígono San Cibrao, na categoría Pemes, polas medidas tomadas en materia de seguridade laboral e respecto ao medio ambiente. O seu mapa de riscos foi o seleccionado porque "identifica os diferentes escenarios de emerxencia e as súas consecuencias na zona empresarial", sinalan desde o xurado.

En 2002 naceu o gabinete de prevención de riscos laborais do Polígono de San Cibrao, co obxectivo de "favorecer e integrar a prevención entre traballadores e empresarios do parque a través do Servizo de Primeira Intervención", explica a asociación. Do seu labor destacan as súas "políticas de formación, información e asesoramento" para as empresas do polígono, ás que axudan a cumprir coas normativas de prevención.

Este é o terceiro premio que recibe a asociación a nivel nacional. En 2009, o Polígono de San Cibrao foi recoñecido ao Labor Informativo en Prevención de Riscos Laborais pola Fundación PRL. En 2012, a reivsta Formación de Seguridad Laboral mencionouno como Entidade Destacada en Prevención de Riscos Laborais.

O director xerente de Mutua Universal, Juan Güel, destacou "o compromiso pola innovación e a promoción da saúde" do Polígono, no que traballan 8.500 persoas nas máis de 430 empresas que operan no recinto. Güel tamén animou ao resto de participantes a continuar os esforzos para "pór en valor as iniciativas encamiñadas a mellorar a saúde e o benestar dos traballadores".

Mutua Universal organiza estes premios para recoñecer o labor das empresas que elaboren proxectos que axuden a mellorar a calidade de vida dos seus traballadores.

Fonte: La Región