O sector da madeira chegou en 2021 aos 2500 millóns de euros de facturación

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A industria forestal e da madeira alcanzou en Galicia no ano 2021 algunhas cifras récord. O principal fito é que, por primeira vez, rozáronse os 10 millóns de metros cúbicos de madeira cortada en monte, cun total provisional de 9,98 millóns de metros cúbicos. O sector roldou ademais unha marca de 2500 millóns de euros de facturación, un dato que se sitúa mesmo por enriba da facturación do ano 2007, antes de comezar a gran crise do sector en Galicia.

A previsión é que a industria forestal galega siga nesta liña, ante un crecemento global da demanda de madeira e unha aposta decidida das empresas da comunidade pola especialización e a innovación. Así, a madeira presenta grandes oportunidades para a transición cara a unha economía máis verde.

Neste ámbito traballa a Axenda de Impulso da Industria Forestal e da Madeira, un documento estratéxico, deseñado pola Axencia Galega da Industria Forestal, Xera, que define os principais obxectivos e liñas de traballo do sector de cara aos vindeiros anos. Os catro alicerces estratéxicos da axenda son a formación, investigación, cooperación entre o sector e competitividade, desenvolvemento e diversificación; e o investimento previsto neles é de 140 millóns de euros, que beneficiarían a unhas 700 empresas.

Fonte: El Progreso