Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Pfizer e Moderna usan un software ‘made in Galicia’

Mestrelab, unha pequena empresa fundada en Santiago en 2004, sitúase hoxe como o segundo maior provedor do mundo en software especializado para investigación química, con clientes como Pfizer ou Moderna. “É como o Microsoft Office do laboratorio analítico”, afirma o seu CEO, Santiago Domínguez.

O auxe do motor salva á industria do peor ano da historia en Galicia

O da industria é un deses negocios cunha clara vontade de recuperación en V se o control da pandemia o permitise. Os vertixinosos números vermellos da primeira onda do coronavirus, cando o colapso dos centros sanitarios obrigou a pechar todo o que non fose esencial, foron aletargándose, até o punto de que en decembro, das 20 ramas principais do sector, 11 aumentaron actividade en comparación con 2019. Aínda así, a produción industrial pechou ese mes cunha caída do 0,8% e unha baixada no acumulado do exercicio do 8,6%, cinco décimas por baixo da redución no conxunto do Estado (9,1%).

Os mobles para maiores abren unha oportunidade ao sector madeireiro galego

O mundo está a envellecer a pasos axigantados. Actualmente, un de cada cinco europeos ten máis de 65 anos, o que supón que hai 102 millóns de persoas que superan esa idade. E as cifras incrementaranse notablemente nos vindeiros anos. Iso significa que, cada vez máis, será preciso deseñar e ofertar un mobiliario acorde ás necesidades do colectivo sénior. É aí onde as empresas galegas do sector da madeira poden atopar unha nova liña de negocio.

Novo ‘boom’ renovable: investimentos de 60.000 millóns e recibos volátiles

2021 será o ano do novo boom das enerxías renovables en Europa e, en concreto, en España. Tras o freo no desenvolvemento de instalacións que levou a irrupción da pandemia en marzo, o sector enerxético volveu xa ao ritmo de investimento previo á crise e espera pechar este exercicio cunha nova marca anual de posta en marcha de nova potencia verde. Os investidores e analistas identifícano nos seus informes como un dos sectores de maior crecemento e prevén que só este ano en Europa se realicen investimentos superiores aos 60.000 millóns de euros.

Atresmedia Formación e o Parque Tecnolóxico de Galicia continúan coa plataforma de formación experimental online Steambites

O Parque Tecnolóxico de Galicia e Atresmedia Formación poñían en marcha o pasado ano a plataforma de formación experimental e a distancia Steambites. Trátase dunha alternativa para os mozos que desexen aprender e experimentar en materia de ciencia e tecnoloxía.

Esta plataforma combina a formación online e tamén experiencial a través de cursos dirixidos a mozos de entre 8 e 16 anos interesados en ampliar os seus coñecementos nos ámbitos científico e tecnolóxico. A matrícula está aberta na web http://steambit.es.

Fegape avanza na súa proposta de lei de modernización dos parques empresariais

A Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape) está a rematar a elaboración dunha proposta de normativa específica que regule o funcionamento e a dinamización das áreas industriais de Galicia, que fará chegar á Consellería de Economía, Empresa e Innovación co obxectivo de que o Goberno galego a estude e proceda a tramitala.

Aerocámaras expande a súa escola de formación de pilotos a Portugal

A empresa Aerocámaras terá centros en Lisboa, Porto, Coímbra e Faro. Sendo coñecedores dos cambios que implica a nova normativa europea de UAS -vehículos aéreos non tripulados-, busca mercado luso entre as persoas interesadas en converterse en pilotos de drons nun sector en crecemento. A escola, que xa formou a máis de 20.000 pilotos en todo o territorio español, anuncia que a través da web https://cursodedrones.pt os alumnos poderán rexistrarse, recibir a formación e obter os certificados.

Coren adquire 4,7 millóns de quilos de castaña galega para os seus porcos Selecta

O Grupo Coren renovou o convenio de adquisición de castaña galega, alimento que destinarán á cría dos porcos para a súa gama Selecta. Segundo informou a cooperativa ourensá, o acordo de compra para este ano 2021 suporá a obtención de 4.720.000 quilos de castaña, que reverterán 7.080.000 euros ao campo galego. O volume adquirido representa a produción de 160.000 castiñeiros e 2.100 hectáreas de terreo, destaca a compañía.

A madeira galega conquista a un veterano empresario francés

O tesouro que encerran os montes galegos chamou xa hai uns anos a atención dun empresario francés. Yvon Remy (1947), veterano experto na industria madeireira -con experiencia na de lugares como África ou Francia-, puxo os seus ollos sobre a galega Betanzos HB a principios de 2000. «Ese ano veu até aquí para facer unha simple visita. Por aquel entón, Betanzos HB pertencía ao grupo Sonae e xa naquel intre a Remy chamoulle a atención a eficiencia da fábrica», resume José Manuel Vilasuso, director da planta coruñesa.

CTIM participa no deseño das baterías sostibles de Li-ion

Un dos principais retos aos que se enfronta hoxe a industria do automóbil é a súa transición cara a tecnoloxías sustentables. Aínda que as baterías son unha tecnoloxía facilitadora, existen grandes retos tecnolóxicos para cubrir as necesidades actuais e lograr esta transición. Entre eles, maiores rendementos enerxéticos, vida útil e fiabilidade sobresaíntes, maior seguridade e sustentabilidade ambiental. Todo iso, unido a unha produción rendible a grande escala.

Un científico galego crea un material para loitar contra as superbacterias

A civilización actual enfróntase a un curioso paradoxo. En ningún momento da historia houbo tanto coñecemento accesible no campo do medicamento. Pero o mal uso da información conduce á aparición de novas enfermidades que poderían chegar a converterse en verdadeiras epidemias. Un dos principais problemas de saúde global emerxente é a resistencia aos antibióticos. Estímase que en 2050 morrerán uns dez millóns de persoas en todo o planeta como consecuencia da aparición de infeccións intratables xeradas por superbacterias.

Investigadores da USC desenvolven unha vacina “fácil de producir e moi barata”

Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) traballan no desenvolvemento dunha vacina contra a COVID-19 empregando unha tecnoloxía propia, baseada na utilización de microesferas cargadas coas proteínas que interesan en cada caso. “Será moi fácil de producir, moi barata e moi estable”, asegura o biólogo molecular José Martínez Costas, que lidera este proxecto desde o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQus).

Páxinas