A implantación dos cultivos transxénicos no mundo segue o seu inexorable avance. En 2010, case un 10% dos 1500 millóns de hectáreas dedicadas en todo o planeta á agricultura cultívanse con variedades modificadas xeneticamente. Durante o pasado ano o total de hectáreas cultivadas ascendeu a 148 millóns e chegouse ademais ao millón de hectáreas cultivadas biotecnolóxicamente dende as primeiras plantacións alá polo ano 1996.
Hoxe por hoxe, a normativa actual non permite consumir enerxía renovable producida no fogar, sempre e cando a vivenda, a empresa ou a industria non estea illada da rede. E, ademais, non compensa economicamente. Non obstante, en cuestión duns anos o autoconsumo resultará máis rendible que acudir ás compañías eléctricas, sobre todo cando o prezo da electricidade non deixa de subir e o custo de producir electricidade con renovables e a tarifa baixan.
As investigacións biolóxicas baseadas na luz, especialmente a luz láser, están en pleno auxe. ¿Quen non observou a súa man iluminada por detrás por unha lámpada e albiscou ósos e veas? ¿Ou quen non mirou a través dun microscopio tradicional para descubrir o que non se detecta a simple vista?
O Instituto Tecnolóxico da Embalaxe, Transporte e Loxística (ITENE) fabricou unha botella de plástico de aspecto tradicional, pero sen estar composta de materiais derivado do petróleo. Só contén recursos vexetais como o millo, do que se extrae o ácido poliláctico (co que se fabrican os bioplásticos).
Os noventa alumnos e alumnas das Aulas Tecnópole celebran este mércores día 8 de xuño o seu acto de fin de curso coa presenza do director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla. O evento, que dará comezo ás 17 horas, está aberto á asistencia de todas as empresas do Parque Tecnolóxico de Galicia que desexen participar.
Tecnópole -Parque Tecnolóxico de Galicia- aumenta a súa nómina de empresas coa incorporación de tres novas iniciativas de negocio á súa incubadora principal, o Centro de Empresas e Innovación (CEI), segundo autorizou o Consello de Administración da entidade na reunión celebrada o pasado venres en Ourense.
As axudas do programa Innplanta foron convocadas mediante publicación no BOE o pasado 4 de xuño. O prazo continuará aberto ata o próximo 27 de xuño e todas as empresas e centros de Tecnópole interesados en solicitalas deben presentar a documentación a través da sociedade xestora antes do día 23 de xuño.
Parque Tecnolóxico de Galicia celebra o Día Mundial do Medio Ambiente convocando a segunda edición do seu Concurso Fotográfico 'Tecnoambiental', aberto á participación de todos os traballadores das empresas e centros tecnolóxicos de Tecnópole ata o 30 de xuño.
Representantes de pemes e entidades galegas do sector das enerxías renovables están convocados á xornada organizada no marco do proxecto europeo ER-INNOVA, do que Tecnópole é xefe de fila, sobre as próximas convocatorias do tema Enerxía e dos Programas Regions of Knowledge e Research Potential do Sétimo Programa Marco (FP7).
Agroamb, grupo líder en Galicia na valorización de residuos biodegradables para fertilización de chan agrícola e forestal, comezou xa as obras de ampliación das súas instalacións técnicas, situadas no lugar de Ponte de Outeiro, en Castro de Rei (Lugo), para poder cubrir a demanda que ten. A empresa conta tamén cun centro de traballo en Tecnópole.
A empresa Formato Verde, con sede en Tecnópole, puxo en funcionamento unha proba piloto no concello madrileño de Colmenar Viejo. Trátase dun sistema pioneiro de xestión online de recollida de residuos urbanos, cuxo obxectivo será realizar unha recollida máis eficiente en tempo e custos.
Denomínanse ITS, sistemas intelixentes de transporte, e salvaron moitas vidas nas estradas galegas: radares, paneis informativos, airbags, sistemas de freado e de control de tráfico. Recentemente celebrouse unha xornada en Santiago na que se presentou o programa Siscoga, un proxecto de I+D posto en marcha pola Dirección Xeral de Tráfico (DGT) e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia para interconectar os coches coas infraestruturas viarias e reducir así a sinistralidade nas estradas.