Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnópole dá a coñecer o programa "5 sentidos para innovar" no Centro de Excelencia de Vigo

Representantes de Tecnópole deron a coñecer este martes o proxecto "5 sentidos para innovar" durante a xornada organizada polo Centro de Excelencia de Vigo baixo o título "Open Innovation. Un novo modelo de innovación", cuxo obxectivo principal foi difundir o modelo de innovación aberta como ferramenta clave para xerar valor engadido nas organizacións e facelas máis competitivas.

Intellectia Bank presenta o seu novo sistema de monitorización continua

A empresa de Tecnópole Intellectia Bank presentou recentemente, no marco dunha xornada informativa, o seu novo sistema de monitorización continua aplicable a diferentes sectores.

Feder-Innterconecta inxecta 75 millóns de euros ao Sistema Galego de Innovación para proxectos de alto impacto

O Ministerio de Economía e Competitividade publicou no BOE a convocatoria de axudas do programa Feder-Innterconecta para Galicia, dotado con 75 millóns de euros para cofinanciar proxectos de innovación de alto impacto.

A Axencia Galega de Innovación destinará 12 millóns de euros en 2013 para fomentar a I+D en pequenas e medianas empresas

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, foi o encargado de presentar oficialmente a Axencia Galega de Innovación. Esta entidade recibirá unha achega de 12 millóns de euros para este ano, cantidade que se dirixirá a promover programas de innovación público-privados para pequenas e medianas empresas; así como a posta en marcha dunha liña de axudas que permitirá mobilizar até un total de 24 millóns de euros.

Preto de 100 expertos europeos reúnense en Vigo para analizar as últimas innovacións en tecnoloxía láser a nivel mundial

Preto dun centenar de persoas participaron nas IX Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser, organizadas polo Centro Tecnolóxico AIMEN en Vigo. Expertos europeos presentaron alí os novos avances nesta novidosa tecnoloxía, que conta con múltiples aplicacións para a práctica totalidade dos sectores industriais (naval, metalmecánico, automoción, aeronáutico, etc.).

Cotec lanza unha ferramenta en internet para que as pemes innoven

A Fundación Cotec para a Innovación Tecnolóxica desenvolveu unha ferramenta en Internet para que calquera peme española poida coñecer, de forma sinxela e en moi pouco tempo, enchendo un breve cuestionario, como é a súa capacidade innovadora e recibir de forma personalizada recomendacións específicas para a súa mellora.

Lamentan que a enxeñería sexa o 'elo perdido' da investigación

A Real Academia de Enxeñería (RAI) defendeu a necesidade de que o sistema de investigación e desenvolvemento conte cos enxeñeiros como xeradores de tecnoloxías e valor industrial e opinou que chegou o momento de recuperar este 'elo perdido'.

Nace unX, a primeira comunidade iberoamericana de emprendedores dixitais

UnX é o nome da primeira comunidade de ámbito iberoamericano creada para ofrecer aos emprendedores dixitais unha plataforma na que aprender e compartir os seus logros e experiencias.

A Comisión Europea destinará 50 millóns de euros ao desenvolvemento da tecnoloxía móbil 5G

A Comisión Europea (CE) anunciou a asignación de 50 millóns de euros para o desenvolvemento da tecnoloxía móbil de quinta xeración (5G), que debe ser a próxima fase en rede de datos despois do 4G, para situar a Europa á cabeza da industria móbil mundial.

¿Para que serve o crowdfunding?

A empresa Securifi, de Ram Malasani, director xeral e fundador da compañía, non estaba desesperada por recadar fondos. Almond+ é unha secuela de Almond, o primeiro produto de Securifi, un router de deseño elegante do que xa se venderon decenas de miles de unidades en Amazon dende que se lanzou no Consumer Electronics Show do ano 2012. A recadación de fondos é "sen dúbida a razón secundaria" pola que a súa empresa utilizou Kickstarter, sinala.

Investigadores alemáns crean 'airwriting', un sistema para escribir sen teclado

Cada vez máis pequenos e versátiles, os móbiles convertéronse en compañeiros inseparables para millóns de persoas. Non obstante, a comodidade que proporciona a escritura a través deles, cos seus diminutos teclados, é un campo susceptible de mellora.

Aberto o prazo para presentar proxectos á Cátedra Tecnópole

As empresas e centros tecnolóxicos do Parque Tecnolóxico de Galicia teñen de prazo ata o 4 de marzo para presentar proxectos á Cátedra Tecnópole, dirixida a impulsar iniciativas conxuntas de I+D+i con grupos de investigación da Universidade de Vigo.

Páxinas