Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Unha empresa do Parque Tecnolóxico de Almería presenta unha casa ecolóxica con forma de iglú

A empresa de carpintería, ebanistería, estruturas de madeira e bioconstrución modular Xilacurve, con sede no Parque Científico-Tecnolóxico de Almería (PITA), presentou este verán, en pleno corazón do Parque Natural de Cabo de Gata-Níjar, o Xiglú. Trátase dunha construción modular, patentada pola empresa e fabricada nas súas instalacións de Serón (Almería), que é ecolóxica, autoconstruíble, transformable, personalizable e transportable.

O centro tecnolóxico Aimen lidera un proxecto europeo de I+D+i para fabricar microdispositivos médicos máis efectivos e económicos

O centro tecnolóxico Aimen lidera un consorcio europeo que investiga novas metodoloxías de fabricación de compoñentes médicos, cos obxectivos de minimizar os seus elevados custos de produción, mellorar a súa efectividade e incrementar o seu grao de accesibilidade para facultativos e pacientes.

Os móbiles do futuro non se requentarán

Investigadores austríacos desenvolveron un deseño de teléfonos móbiles que permite aforrar enerxía e evitar que se sobrequente a batería. Dese modo, poderase impedir o sobrequentamento das orellas ao falar por estes teléfonos, ao tempo que se reduce o custo do proceso de fabricación e do uso do aparato. A investigación forma parte do proxecto europeo Dragon.

Crean "bioplásticos" de gran resistencia a partir de organismos mariños

Un grupo de científicos en Singapur creou 'bioplásticos' e outros biomateriais a partir de organismos mariños como a lura, o mexillón ou os caracois similares ou superiores aos derivados do petróleo, informa a prensa local.

Chega o coche imprimible

Non rematamos de adaptarnos de todo ao coche eléctrico, cando van aparecendo no mercado máis modelos innovadores dentro do mundo do motor. Será mellor que nos afagamos a ver circular polas nosas estradas coches con estrañas prestacións e formas.

Innovador protector para móbiles e 'tablets' que protexe a vista

Investigadores da Universidade Complutense de Madrid (UCM) e a empresa española Tecnología Sostenible y Responsable (TSR) desenvolveron o primeiro protector ocular para teléfonos móbiles, 'tablets' e videoconsolas portátiles que reduce o dano que ocasiona na retina a iluminación destes dispositivos.

Estruturas fotovoltaicas innovadoras cun grao de eficiencia do 43%

O grupo 'Investigación y Desarrollo en Energía Solar' (IDEA) da Universidade de Jaén (UJA) deseñou novas estruturas fotovoltaicas "máis eficaces" que os módulos convencionais para capturar a luz do sol, cun grao de eficiencia que chega a alcanzar o 43%, fronte ao 15% habitual.

Chips de baixo custo máis pequenos que nunca

Non hai tanto que un ordenador ocupaba un cuarto enteiro e os receptores de radio eran tan grandes como unha lavadora. Non obstante, dende hai varios decenios, os dispositivos electrónicos experimentan un proceso de miniaturización continua que probablemente logre aforros enormes en custos e enerxía e ademais permite gañar velocidade a estes dispositivos.

¿Que datos se deben gardar nunha empresa?

As opinións sobre este tema son do máis dispares. Algúns gurús de big data aconsellan gardalo absolutamente todo, pero a non ser que a nosa empresa funcione en modo boiante, esta opción sería a máis malgastadora. Estariamos a desperdiciar tanto espazo como o noso diñeiro.

O ciclo "Os mércores de Tecnópole" porá en valor a innovación das empresas do Parque Tecnolóxico de Galicia

O próximo 25 de setembro dará comezo o ciclo "Os mércores de Tecnópole", organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia para contribuír a poñer en valor a innovación das súas empresas. Un mércores de cada mes unha empresa exporá as súas capacidades e diferenzas competitivas no seu ámbito de actividade co obxectivo de mellorar a súa visibilidade e o seu posicionamento no mercado.

Tecnópole acolle a "III Lonxa de financiamento para proxectos biotecnolóxicos" organizada por Bioga

Tecnópole acollerá o próximo 9 de outubro a "III Lonxa de financiamento para proxectos biotecnolóxicos" organizada polo Cluster Galego Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga). Baixo o lema "Buscamos grandes ideas para investir", o III Bio Investor Day estará aberto a promotores de proxectos no ámbito da biotecnoloxía interesados en conseguir financiamento.

Egatel presenta en Amsterdam unha tecnoloxía capaz de incrementar ata un 42% o rendemento dos transmisores

Egatel, empresa do sector das telecomunicacións situada en Tecnópole, presentará este mes na Convención Internacional de Radiodifusión IBC 2013 unha tecnoloxía capaz de incrementar ata un 42% o rendemento dos transmisores.

Páxinas