Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

ENISA destinará 106 millóns de euros para financiar a pemes e emprendedores

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Empresa Nacional de Innovación (ENISA), destinará 106 millóns de euros a tres liñas que financiarán con empréstitos participativos para proxectos empresariais promovidos por pequenas e medianas empresas (PEMEs); empresas de base tecnolóxica e emprendedores do sector TIC.

O 50,8% das empresas españolas incrementará o seu investimento en innovación nos próximos tres anos

O 50,8% das empresas españolas vai incrementar o seu investimento en innovación nos próximos tres anos e un 32,5% vaino manter. Estas son as principais conclusións da enquisa Innov@cción 2013, realizada por PeopleMatters, consultora especializada en Xestión de Persoas, e Ars et Inventio, unidade de negocio de Business Integration Partners especializada en proxectos de estratexia e xestión da innovación.

Premios Apps Fundación Telefónica, primeiro concurso para mozos sobre aplicacións móbiles en Firefox OS

Os premios Apps Fundación Telefónica están destinados a mozos de entre 18 e 25 anos, que presenten unha idea innovadora para desenvolver con tecnoloxía de código aberto unha aplicación móbil, para o novo sistema operativo Firefox OS, que foi desenvolvido por Telefónica en colaboración coa Fundación Mozilla.

A innovación e a industria do moble

As empresas europeas disporán durante os próximos meses dun sistema integral de xestión da innovación que lles permitirá incorporar aos seus procesos produtivos innovacións sen entorpecer a secuencia de fabricación, de tal forma que se estableza un fluxo de traballo en colaboración entre empresas con obxectivos comúns.

Os téxtiles fanse intelixentes

Unha nova xeración de tecidos impulsada polos avances tecnolóxicos e científicos áchase á fronte da vangarda téxtil. Trátase de fibras máis lixeiras e resistentes, obtidas mediante a nanoaditivación de nanotubos de carbono.

Cinco consellos para vender online fóra de España

Cada día son máis as empresas que deciden aproveitar as oportunidades do comercio online transfronteirizo. Sen ir máis lonxe, un recente informe de SAP AG e Oxford Economics concluíu que o 41% das pemes do noso país espera xerar fóra das nosas fronteiras entre o 21 e o 40% dos seus ingresos de aquí a tres anos, fronte ao 33% das que xeran ese volume de ingresos fóra xa a día de hoxe.

Innovador sistema para prever o desgaste dos aeroxeradores

Os grandes aeroxeradores que fan posible a enerxía eólica sofren un gran desgaste co paso do tempo. A revisión e os labores de mantemento son esenciais para previr problemas e alongar a vida útil destas infraestruturas despois dos grandes investimentos que requiren.

España, á vangarda tecnolóxica no tratamento de residuos

España está entre os dez países de Europa que máis reciclan, con máis de 700 sociedades dedicadas á xestión de residuos. Este sector factura ao ano 5270 millóns de euros, o que supón un 13% do mercado ambiental. Ademais dá emprego directo a máis de 140.000 persoas, segundo a Fundación Forum Ambiental. Neste proceso as empresas españolas adquiriron unha experiencia que souberon exportar ao estranxeiro con gran éxito.

Egatel abre o ciclo “Os mércores de Tecnópole” expoñendo as súas oportunidades para provedores e a súa política de calidade

O próximo 16 de outubro a empresa Egatel inaugura o ciclo “Os mércores de Tecnópole”, organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia para contribuír a poñer en valor a innovación das súas empresas. Un mércores de cada mes unha empresa expoñerá as súas capacidades e diferenzas competitivas no seu ámbito de actividade co obxectivo de mellorar a súa visibilidade e o seu posicionamento no mercado.

Fondos privados e públicos buscan dez proxectos bio para investir na xornada que se celebrará en Tecnópole

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) promove e organiza, coa colaboración do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e Tecnópole, a III edición da Lonxa de Financiamento Bio, que terá lugar o próximo 9 de outubro no Parque Tecnolóxico de Galicia.

O xefe de vendas do S.XXI preséntase en Tecnópole de man do experto Alberto Rodríguez

O responsable de desenvolvemento de negocio da consultora de intelixencia competitiva HINTD, Alberto Rodríguez, presentará o cadro de aptitudes do xefe de vendas do século XXI nunha conferencia que terá lugar o 4 de outubro na sala de consellos de Tecnópole (edificio CEI).

Economía e Industria destaca en Tecnópole a oportunidade que o Conecta Pemes supón para a innovación nas empresas ourensás

O director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela, lembrou a pasada semana en Tecnópole que o programa Conecta Pemes, dotado con case 14 millóns de euros e cunha previsión de mobilización total de investimento que pode chegar até os 25 millóns, supón unha importante oportunidade para impulsar a innovación nas empresas ourensás, sinalando que os proxectos da provincia contarán con puntuación adicional ao amparo do Impulsa.

Páxinas