Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Bioalma, un Google específico para o sector da biotecnoloxía con selo español

Un gran número de investigadores que dedicaron parte das súas carreiras ao sector da biotecnoloxía en Genetrix ou PharmaMar fundaron as súas propias empresas. Un exemplo é Juan Carlos del Castillo, anteriormente membro de Genetrix e que na actualidade dirixe un grupo de empresas coñecido como Grupo Bionostra. As filiais do grupo dedícanse a unha variedade de aspectos da biotecnoloxía. Por exemplo, Chimera Pharma céntrase no desenvolvemento dunhas partículas similares aos virus que poden empregarse para desenvolver vacinas, ademais de servir como base para a terapéutica.

Revolucionarias e innovadoras células solares transparentes

Imaxine edificios nos que as ventás, ademais de permitir pasar a luz do sol, captan á vez a enerxía solar que se necesita para satisfacer todas as súas necesidades enerxéticas. Os cristais convértense en células solares de alta produtividade que axudan a reducir a dependencia dos combustibles fósiles e avanzar cara a un medio máis 'verde' e máis limpo.

Volvo desenvolve un material alternativo innovador para as baterías dos coches eléctricos

O fabricante sueco de automóbiles Volvo Car Group desenvolveu un novo material alternativo ás baterías que utilizan os coches eléctricos, e que pode chegar a alixeirar o peso deste tipo de vehículos ata nun 15%. Este novo material está formado por fibras de carbono, baterías nanoestruturadas e supercondensadores. O material almacena enerxía con menor peso, menor espazo e de forma máis ecolóxica.

Drones 'made in Spain'

Non fai falta ir ata unha base secreta nun remoto deserto en EE.UU. para atopar a última tecnoloxía en avións non tripulados. A uns 20 minutos do centro de Madrid, o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), que viría a ser a NASA española, leva dúas décadas impulsando un amplo programa de investigación e desenvolvemento das tecnoloxías deste tipo de aparatos.

Tecnoloxía española para facilitar a comprensión do 'software' libre

Unha tecnoloxía desenvolvida por españois e premiada na competición SmartCamp resolve un problema ao que se enfrontan os desenvolvedores de todo o mundo: a dificultade de acceso a datos de calidade para entender mellor o software libre.

A Xunta pon en contacto en Tecnópole quince empresas do sector biotecnolóxico con oito fondos de investimento e capital risco

O director da Axencia Galega de Innovación (Gain), Manuel Varela, destacou a necesidade de potenciar o capital risco como ponte entre o talento galego e o emprendemento innovador, unha vontade que a Xunta busca conseguir con iniciativas como o Bio Investor Day, a lonxa de financiamento para empresas biotecnolóxicas que se celebrou a semana pasada no Parque Tecnolóxico de Galicia, e que presentou xunto á directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Sonia Martínez Arca.

Comezan as Aulas Tecnópole e o curso de capacitación en proxectos científicos para profesores

Tecnópole inicia estes días dúas actividades de capacitación de estudantes e profesores no ámbito da ciencia e a innovación: as Aulas Tecnópole, que alcanzan a súa cuarta edición, e un curso destinado a docentes para que poidan axudar aos seus alumnos a preparar proxectos, que se realiza por primeira vez este ano no marco da Galiciencia e para o que viu desbordado a cota de inscrición.

Primux prepara o lanzamento dos seus novos smartphones

A empresa galega Primux Tech, situada en Tecnópole, presentará proximamente os seus novos smarthphones Delta2, Alpha3 e Omega3. Segundo destaca a empresa, trátase de dispositivos libres con todos os servizos e avances tecnolóxicos e por un prezo alcanzable.

Edisa anuncia que xa está dispoñible a versión 6.1.2 do seu contorno Libra

A empresa galega Edisa, con sede en Tecnópole, está a presentar estes días o contorno 6.1.2 da súa plataforma de xestión corporativa Libra, unha actualización cargada de novidades a ter en conta.

As pemes do Viveiro da Cámara de Comercio en Tecnópole especialízanse como ponte entre natureza e tecnoloxía

Situado no Parque Tecnolóxico de Galicia, o viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Ourense é un dos máis lonxevos dos que forman a rede da Fundación Incyde. Abriu as súas portas a principios de 2005 e dende entón albergou 35 empresas.

Aimen lidera un proxecto europeo no que se desenvolverán sistemas ecolóxicos para o tratamento de augas residuais

O centro tecnolóxico Aimen lidera un proxecto europeo de I+D para desenvolver plantas piloto de tratamento de augas residuais urbanas e industriais coa finalidade de desenvolver unha tecnoloxía competitiva en canto a eficiencia pero moito máis sustentable que os sistemas existentes.

Ningunha empresa española entre as 100 máis innovadoras do mundo

Por terceiro ano consecutivo, ningunha empresa española logra aparecer no listado das 100 compañías e institucións máis innovadoras do mundo elaborado pola axencia Thomson Reuters e que ten en conta, entre outros factores, o volume de patentes rexistradas, así como o alcance e influencia destas.

Páxinas