Santander e Telefónica, entre as 40 empresas da UE que máis invisten en I+D

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Banco Santander e Telefónica atópanse entre as 40 empresas da UE que máis investiron en investigación e desenvolvemento (I+D) en 2010, segundo un informe publicado pola CE, que tamén pide ás compañías europeas "máis esforzos" destinados á innovación.
 
O informe indica que os investimentos en I+D das principais empresas da UE creceron un 6,1% en 2010, tras a diminución do 2,6% en 2009, o que supón "unha significativa recuperación", segundo dixo en rolda de prensa a comisaria europea de Investigación, Innovación e Ciencia, Máire Geoghegan-Quinn.
 
Non obstante, os datos correspondentes ás 1400 primeiras empresas do mundo indican que as empresas da UE no seu conxunto "quedan demoradas respecto ás súas principais competidoras de EEUU e algunhas economías asiáticas en crecemento da I+D", polo que a comisaria pediu "máis esforzos".
 
As cincuenta primeiras empresas do mundo en investimentos totais en I+D inclúen 15 empresas da UE, 18 de EEUU e 13 de Xapón, explicou a comisaria. Os dous primeiros postos da lista mundial ocúpanos compañías farmacéuticas, a suíza Roche (cun gasto total de 7200 millóns de euros en I+D), e a estadounidense Pfizer (7000 millóns de euros).
 
A alemá Volkswagen, con 6300 millóns de euros, ocupou o sexto lugar mundial e o primeiro da UE, e é seguida na lista comunitaria por Nokia (undécima no mundo, con 4900 millóns de euros). A primeira compañía española na lista europea é o Banco Santander, que ocupa o posto 26 cun investimento de 1338 millóns de euros en 2010, un 56% máis que o ano precedente. A continuación, atópanse Telefónica no posto 32 (con 901 millóns, o 16% máis que en 2009) e no número 67, a compañía informática Amadeus (325 millóns, un 33,2% máis). A CE menciona a estas tres compañías entre os casos de estados membros "onde unhas poucas empresas representan altas porcentaxes do incremento dos investimentos en I+D".
 
Máis de dous terzos dos investimentos en I+D analizadas no informe procede de empresas establecidas nos tres maiores Estados membros e as empresas alemás foron as que rexistraron o crecemento máis alto nun ano (8,1%), debido sobre todo ás compañías automobilísticas Daimler, Volkswagen e BMW.
 
O aumento dos investimentos en I+D por parte de empresas do Reino Unido foi do 5,8%, unha cifra próxima á media da UE, fronte ao 3,8% das empresas francesas.
 
(Fonte: Cinco Días)