Sanidade reactiva a convocatoria de proxectos a desenvolver no Living Lab

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Consellería de Sanidade retoma a convocatoria para a presentación de ofertas, por parte de empresas innovadoras e de novas tecnoloxías, a desenvolver no Living Lab do Hospital Universitario de Ourense. Ten como obxectivo conectar ao tecido produtivo e empresarial galego, dos sectores máis innovadores, co sistema sanitario público, coa finalidade de desenvolver conxuntamente iniciativas para mellorar a asistencia e a atención sanitaria aos cidadáns.

A participación está aberta a iniciativas de carácter innovador, sexan produtos ou servizos, ou procesos do sector sanitario e biomédico, así como do sector da alimentación, TIC, electrónica e robótica. Esta nova convocatoria publicouse no DOG o 13 de marzo, un día antes da declaración do estado de alarma pola pandemia, polo que quedou en suspenso ata agora. Por tanto, as empresas que desexen pór en marcha proxectos innovadores, teñen tres meses para presentárense.

Fonte: Faro de Vigo