Sacyr abre a cuarta edición dos seus Premios á Innovación

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Sacyr abriu a convocatoria da cuarta edición dos Premios de Innovación cos que a compañía busca incentivar e recoñecer aos que desenvolven ideas "innovadoras, creativas e pioneiras, formuladas como retos de superación e coñecemento".

Os galardóns contemplan a entrega de tres premios, correspondentes ás seguintes categorías: "Innovación tecnolóxica e ambiental", "Construción e "Periodismo de Innovación tecnolóxica e económica". Cada categoría está dotada con 6000 euros.

Ao premio á "Innovación tecnolóxica e ambiental" poderán presentarse investigadores a título persoal como grupos de investigación, empresas, fundacións ou outras organizacións que desenvolvan a súa actividade innovadora para alcanzar unha "innovación tecnolóxica relevante" nas áreas de sustentabilidade, xestión de recursos naturais ou ecoloxía. Pola súa banda, a categoría "Construción" ten como fin distinguir os mellores proxectos neste ámbito rematados ou en desenvolvemento durante 2012 que acheguen aspectos innovadores para mellorar o seu comportamento sustentable. Por último, a sección "Periodismo" está orientada a premiar aos profesionais ou medios de comunicación que, durante o pasado ano, informaran sobre tecnoloxía ou economía, realizando unha "reflexión creativa e eficaz na difusión pública de temas e materias incluídas nos campos de referencia".

A presentación de candidaturas realizarase a través do correo sacyr.premios@sacyr.com; e permanecerá aberta ata o 31 de outubro.

(Fonte: Innovamás)