Rolex premiará os mozos emprendedores que realicen proxectos para cambiar o mundo

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Rolex premiará os mozos emprendedores que realicen proxectos para cambiar o mundo, a través dos Premios Rolex á Iniciativa 2018, que están abertos a cidadáns de calquera nacionalidade, con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, que contan con proxectos innovadores que axuden a ampliar o coñecemento do mundo e mellorar a calidade de vida no planeta.

As candidaturas poden presentarse nas categorías de medio, ciencia e tecnoloxía aplicada, e exploración. Ademais de demostrar un espírito emprendedor e liderado, os candidatos deben presentar proxectos ou plans de traballo que teñan un obxectivo claro, sexan orixinais e poidan ter un impacto considerable, segundo informa Rolex.

A data de vencemento do prazo para a presentación de proxectos é o 30 de xuño de 2017. Ata ese día, os candidatos potenciais poden presentar a súa candidatura a través da páxina web rolexawards.com.

Os gañadores serán seleccionados por un xurado, formado exclusivamente para esta edición dos Premios. E composto por un grupo voluntario e independente de expertos, que posúen calidades valoradas por Rolex. Os seus membros reuniranse a principios de 2018 para seleccionar os gañadores, que se anunciarán máis tarde ese mesmo ano.

Os cinco gañadores recibirán, cada un, 100.000 francos suízos, suma que duplica o premio ofrecido anteriormente aos novos gañadores dos Premios. Tamén obterán unha campaña publicitaria a nivel mundial e recibirán un cronómetro Rolex.

(Fonte: Rolex)