Robots humanoides para os hospitais belgas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Aínda que a súa dicción é aínda un pouco entrecortada e os seus xestos lixeiramente dubitativos, o robot humanoide Pepper, coa súa pantalla no peito, está listo para acoller os pacientes e visitantes de dous hospitais belgas. Pepper é o primeiro robot do mundo en traballar como recepcionista nun ámbito hospitalario, explicaron durante a súa presentación os responsables do hospital rexional La Citadelle de Lieja.

O robot, de 1,40 metros de alto, cara redonda e dotado de rodas escondidas baixo a súa carcasa branca, é capaz de recoñecer a voz humana nunhas 20 linguas e determinar se o seu interlocutor é un home, unha muller ou un neno, explicou á axencia AFP Raphaël Tassart, voceiro da compañía belga Zora Bots, que desenvolveu os programas instalados no seu cerebro electrónico.

En Lieja, Pepper, cuxo prezo de venda é duns 33.680 dólares, continuará polo momento confinado na recepción, pero no hospital de Ostende poderá acompañar aos visitantes que o desexen ata a entrada dos diferentes servizos, segundo Tassart.

Robots da xeración de Pepper xa foron probados en comercios xaponeses e nalgunhas grandes superficies francesas, xeralmente cunha función comercial. "Pero é a primeira vez que se utilizarán na recepción", sinalou o voceiro.

(Fonte: Ideas e inventos)