Un robot intelixente para mellorar a fabricación de pezas industriais

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
Desenvolver un robot intelixente capaz de mellorar a fabricación de pezas industriais é o obxectivo do proxecto que están a desenvolver, de forma conxunta, un equipo de investigadores da Universidade Pública de Navarra (UPNA) e a empresa navarra GettinG Robotika de Alsasua. Para iso, o proxecto combina a visión artificial coa levitación magnética.

O fin último deste proxecto é mellorar o proceso industrial coñecido como desbarbado, é dicir, rematar co excedente de material xerado nas pezas fundidas ou durante o mecanizado para eliminar as irregularidades e así lograr o acabado desexado. Ata agora, ese traballo adóitase realizar de forma manual pero o obxectivo é que, en diante, o desenvolva un robot industrial de forma intelixente.

A tecnoloxía deste robot, do que xa se construíu un primeiro prototipo, baséase en dous factores principais. O primeiro é a visión artificial "un campo da intelixencia artificial cuxo propósito é conseguir programar un ordenador para que sexa capaz de analizar e interpretar unha escena", segundo explicou Jeser Zalba Olcoz, un dos investigadores do proxecto. Desta forma, a visión artificial capacita o robot para realizar unha reconstrución 3D da peza coa que está a traballar e obter así a información necesaria para o posterior guiado de robots.

A outra clave está na levitación magnética, un método polo cal un corpo se mantén suspendido pola acción dun campo magnético. Así, unha peza queda unida ao resto do robot sen necesidade de contacto físico e pode sortear algunhas dificultades durante o proceso de fabricación.

(Fonte: Innovaspain)