Rithmi, a pulseira intelixente que axudará a previr o ictus

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Rithmi desenvolveu un dispositivo médico para a detección e diagnóstico de fibrilación auricular que, a través dunha pulseira intelixente e de algoritmos baseados en intelixencia artificial, é capaz de detectar este tipo de arritmia monitorizando o ritmo cardíaco e o sinal de electrocardiograma do usuario.

Esta solución quere revolucionar a forma na que as persoas controlan a súa arritmia cun dispositivo en forma de pulseira é doado de levar e non invasivo, que soluciona un dos problemas máis frecuentes en persoas con fibrilación auricular, a necesidade de saber cando aparece a arritmia. A tecnoloxía baséase en algoritmos de detección de intelixencia artificial e, grazas á plataforma cloud, calquera fabricante de dispositivos wearables poderá utilizar os algoritmos baixo licenza.

Na actualidade, Rithmi entra no último mes da súa rolda de financiamento de 360.000 € a través da plataforma de crowdfunding Capital Cell. Ata o momento, recadouse o 65% do obxectivo de financiamento establecido, superando os 230.000 € e reunindo 82 investidores que apoiaron o proxecto.

Rithmi, explora a adaptación do seu algoritmo a través da integración de datos de saúde e actividade dos dispositivos Garmin. A startup valenciana testea o seu algoritmo tras recibir o aval de cardiólogos e diferentes hospitais españois, así como o recoñecemento institucional a nivel internacional.

O obxectivo de Rithmi é ofrecer un servizo innovador na prevención de enfermidades cardiovasculares baseándose en datos biométricos de wearables de consumo, como as pulseiras de actividade e os reloxos intelixentes de Garmin.

Trátase do paso definitivo para o lanzamento de Rithmi en 2020 despois de 3 anos de investigación e probas clínicas, mentres inicia a súa certificación como dispositivo médico para a Unión Europea.

(Fonte: Asebio)