Un revolucionario globo solar xera máis enerxía que os paneis tradicionais

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

A empresa Cool Earth desenvolveu unha tecnoloxía que utiliza unha fileira de globos que concentran e capturan a enerxía solar, sen utilizar infraestrutura custosa ou grandes cantidades de silicio.

Este deseño custa 400 veces menos por área colectada que os espellos convencionais, resiste ventos de 100 m.p.h e protexe a superficie dos espellos e o receptor das chuvias, insectos e sucidade.

Os captadores inchables captan luz e concéntrana en celas fotovoltaicas, incrementando moitas veces a enerxía que impacta sobre as celas. Unha serie de concentradores están suspendidos nun soporte e controlan os cables que se estenden entre os polos. Ao estar suspendidos os concentradores, pódense utilizar vastas áreas de terra para a produción de enerxía solar, cun impacto ambiental limitado.

Cada globo, de dous metros de diámetro, pode xerar 500 watts de electricidade e con estes baixos custos de mantemento e reemprazo, o sistema reducirá significativamente os custos da enerxía solar a niveis onde competiría directamente coas fontes fósiles de enerxía. A tecnoloxía ofrecerá novas oportunidades económicas para os granxeiros, que serán capaces de "obter" electricidade ademais de realizar cultivos.

(Fonte: Agencias)