Un revolucionario cono solar xera 20 veces máis enerxía que paneis tradicionais

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Novos deseños aumentan o rendemento dos paneis solares facéndoos máis eficientes e aptos para consumo masivo. En 1977 un vatio de enerxía solar custaba 76 dólares e na actualidade só custa 36 centavos. Todos estes cambios son debido a novos adiantes tecnolóxicos que xorden cada día e permiten aproveitar máis e mellor a enerxía solar.

Un destes adiantos é un cono solar que permite xerar 20 veces máis enerxía que un panel tradicional esta tecnoloxía chámase V3Solar. Un dos maiores obstáculos aos que se enfrontan as chamadas enerxías renovables son os seus altos custos, que non as fan competitivas fronte aos hidrocarburos ou a hidroeléctrica se non é con prolixas subvencións (as famosas "primas").

Os conos, dun metro de diámetro, dispoñen dunha capa de centos de células fotovoltaicas triangulares colocados nun ángulo de 56 graos, encerrados nunha lente concentradora hermeticamente selada. O cono fotovoltaico xira coa axuda dunha "pequena cantidade" da súa propia enerxía solar que alimenta un sistema de levitación magnética, destinado a reducir o ruído xerado polos conos. A "matriz" da V3 ou Spin Cell pode ocupar un espazo moi pequeno, en comparación cos paneis planos convencionais.

(Fonte: Agencias)