Os retos da automoción en 2019, segundo Trive

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A aparición dos novos modelos de mobilidade, os cambios lexislativos e a incerteza en torno ao futuro dos carburantes está a influír directamente na decisión de compra de coches en propiedade. O sector automoción enfróntase a un complexo panorama en forma dunha suma de diferentes escenarios de mobilidade, que o obriga a afrontar unha renovación importante e urxente en busca dunha necesaria convivencia e adaptación aos novos tempos.

España segue sendo un dos dez países con maior produción de vehículos a motor, cuns datos de matriculación que non deixaron de aumentar dende 2014, a pesar das caídas dos últimos meses, fiel reflexo da incerteza do usuario sobre os últimos acontecementos do sector. "O sector necesita realizar un esforzo de renovación e innovación moi importante", recomenda Samuel Pulido, CEO de Trive, empresa que debullou en tres os principais retos que afronta a automoción ao longo deste ano.

Por un lado, a electrificación é para a compañía o maior reto e oportunidade do sector nestes momentos, non só para a venda de coches híbridos e posteriormente eléctricos, senón tamén para establecer unha relación máis intensa e estreita co cliente. Os novos compoñentes deste tipo de vehículos reducen a esixencia de acudir a un taller, mentres que as novas necesidades de mantemento e servizos son totalmente novas tanto para os técnicos como para o cliente. Todo iso xera un escenario que chama á innovación, e isto, unido ao concepto de vehículo conectado, pode ofrecer ás marcas unha boa oportunidade de adiantarse ás necesidades dos clientes de forma natural.

A micromobilidade é outro desafío a ter en conta. O 37% dos traxectos están por debaixo dos tres quilómetros de distancia, e adoita ser neste tipo de desprazamentos nos que o cliente busca poder moverse a un custo razoable e en condicións de seguridade. Segundo Trive, isto impulsará a adaptación dos modelos, a creación de novos produtos, así como o cambio das tarifas mínimas dos servizos, todo en busca da competitividade, a captación de diferentes tipos de usuarios e a convivencia de players.

Por último, a experiencia de compra continúa gañando terreo. Para Trive, atópase actualmente dividida en dúas canles: unha de carácter predominantemente online na fase de descubrimento (discovery), e outra predominantemente presencial na fase de asesoría e compra (advise and purchase). Empezar a entender o online como unha canle conversora de vendas, cambiará o contexto da experiencia do cliente pois non só terá unha ampla información contextual deste que lle permitirá facer un offering máis acertado e personalizado, senón que será a clave na redefinición do papel do concesionario.

É momento de esforzarse, e nese punto atópase o sector, no de buscar, probar e asentar novos modelos. En Trive, por exemplo, apostamos pola venda totalmente online de coche novo, o que supón un forte reto de dixitalización no relativo ao proceso de compra, e isto, á súa vez, leva implícito un compoñente de incerteza. Pero fomos comprobando que o éxito radica en que o sector tradicional e os novos players xunten esforzos para facer chegar ao usuario todo o abano de alternativas que existen no mercado, dunha forma transparente e próxima, que lle transmita confianza", confirma Pulido.

(Fonte: Innovaspain)