As repercusións do novo Imposto de Sociedades protagonizan o primeiro almorzo tecnolóxico do ano

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
As repercusións da entrada en vigor en 2015 de importantes modificacións no Imposto de Sociedades (IS) serán as protagonistas do primeiro almorzo tecnolóxico deste ano en Tecnópole, que terá lugar este mércores 25 de xaneiro. As empresas situadas no Parque Tecnolóxico de Galicia e tamén as do Polígono de San Cibrao das Viñas están convocadas a esta cita, co obxectivo de que intercambien coñecemento e oportunidades de negocio.

Baixo o título “Experiencias prácticas e cuestións conflitivas extraídas do peche contable e fiscal baixo a nova normativa do Imposto sobre Sociedades”, Francisco Soto Balirac, asociado principal da firma Garrigues e profesor do Grao de Administración e Dirección de Empresas da Escola de Negocios Afundación, fará balance do peche do primeiro exercicio fiscal completo baixo a nova normativa.

As modificacións do IS comezaron en 2015 no marco dunha importante reforma fiscal froito do período de recesión económica, que propiciou cambios na lexislación mercantil e tributaria co fin de crear emprego, reducir a fiscalidade para as rendas do traballo e, no ámbito das sociedades, fomentar a competitividade. Foron revisados así os tres principais impostos que supoñen o 84% da recadación tributaria: o IRPF, o IVE e o IS.

Entre outros aspectos, durante o almorzo tratarase a recente reforma do pago fraccionado e do incremento do tipo mínimo do IS do 12 ao 23%.

(Fonte: Tecnópole)