Redegal e Google organizan en Vigo unha xornada sobre Google Apps

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

A empresa de Tecnópole Redegal, reseller autorizado de Google Apps para a zona noroeste, organizou este martes en Vigo a presentación das ferramentas de comunicación e colaboración de Google coa presenza de Antonio Alonso, director comercial de Google Enterprise para España, Italia e Portugal.

A xornada da mañá estivo dirixida a un grupo reducido de empresas e incluíu demostracións prácticas, presentación de casos de éxito e coloquio. Pola tarde, e con carácter público, celebrouse a xornada 'Google Apps. A visión de Google sobre o cloud computing'.

Esta sesión foi organizada polo Foro da Sociedade da Información do Círculo de Empresarios de Galicia, coa colaboración de Redegal e NovaGalicia Banco.

Dirixida a emprendedores, empresarios e responsables de IT, Google Apps preséntase como unha solución para simplificar a configuración, minimizar o mantemento e reducir os custos dos sistemas de información. A nivel de funcionalidade, Redegal destaca as opcións que abre Google Aps para colaborar con equipos online en tempo real e ser produtivo dende calquera lugar con acceso á información dende calquera dispositivo

(Fonte: Redegal)